Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta listas spotify. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta listas spotify. Mostrar todas las entradas
Aló polo 1984 formábase en Vigo a banda de rock Os Resentidos, liderada por Antón Reixa, que popularizou o rock galego no Estado grazas á canción Galicia Caníbal.

Entre os temos menos coñecidos están Atlántico

Estou sentado no porto da baía,
que non sei porque aquí chamamos ría
E os meus pés colgantes coma nun vello soul
e penso que Vigo está enfronte a Nova Iork

Podo pensar que o Atlántico é unha piscina
un naufraxio inmenso para nadar sen pensar
aparecer mollado na Quinta Avenida
ou nadar perdido aprendendo a naufragar

E naufragar no Atlántico
e naufragar aprendendo a nadar
E naufragar no Atlántico
e naufragar, volverse Moby-Dick

O cantor Roberto Sobrado e a súa banda teñen unha versión do tema, que interpretaron durante as II Xeiras sobre a Lingua Galega organizadas polos Comités en Vigo.



[Descarga audio]: Actuación completa de Roberto Sobrado nas II Xeiras
[Vídeo]: Actuación completa de Roberto Sobrado nas II Xeiras
[Sporify]: Versión orixinal da canción, por Os Resentidos

Por se a alguén lle pode interesar, velahí vai a ligazón para a lista de reproducción da xira Vinagre y rosas de Joaquín Sabina, que por certo, pasa por A Coruña o 8 de xullo.

[Lista para o Spotify]: http://bit.ly/cintNI