Diario de campaña
Moi boas a todas e todos. Hoxe celébrase en Santiago de Compostela a Convención Eleitoral Nacional do Bloque Nacionalista Galego, que ven a ser como o ponto de partida da precampaña das eleccións a Cortes Xerais do 9 de marzo.
Este ano, o BNG preséntase con máis forza que nunca, e coa convicción de que somos necesarios na política do Estado, se queremos que Galiza esté realmente representada. As políticas tomadas dende Madrid sen coñecemento da realidade social, cultural, xeográfica e orográfica de Galiza, ou ben fracasan, ou ben perxudícannos gravemente: tráfico, seguranza marítima, tarifa nocturna, correos no rural...
Por iso, é necesario que Galiza esté representada en Madrid, e isto só é posíbel, da man do BNG.
Así pois, inicio este "Diario de campaña", no que periodicamente irei informando do meu percorrido pola campaña eleitoral para os comicios de marzo.
Saúde e sorte!
Estache a quedar moi bonito, ainda que tampouco fixeches moita remodelación.
Pd. por curiosidade... porque non traduces a galego e pos en inglés "American History X" e traduces ó galego "A vida é bela"???
A remodelación é que se engaden contidos multimedia.
"American History X" é o nome orixinal da longametraxe, co que se coñece en Galiza. "A vida é bela" non se coñece aquí co seu nome orixinal, por iso tómome a liberdade de traducilo do italiano