Diario de campaña (entrevista a Paco Rodríguez)
Tres lexislaturas despois, deixa o Congreso dos Deputados para regresar á vida orgánica do BNG dende un "papel distinto", que se nega a revelar. Paco Rodríguez (Ferrol, 1954) prognostica que o Bloque subirá en votos o 9 de marzo e descarta rotundamente calquer pacto co PP. En clave interna, reclama ás consellarías nacionalistas que "aceleren o cambio" na Xunta.
P. Que balanzo fai das súas tres lexislaturas no Congreso?
R. Positivo, cun ponto de partida fatal, 20 anos nos que o nome de Galiza non foi pronunciado. Había que deixar claro que a representación galega non era digna e eficaz. Conseguiuse cos cambios significativos no presuposto, a capacidade de dialogar cos máis altos responsábeis do Goberno e para que se entenda que Galiza ten perfil político propio. Esta lexislatura foi a máis productiva, pero serviros os anos nos que gañamos prestixio e cosneguimos que se nos vise coma un partido traballador que sabía adaptar a súas discusións aos diferentes momentos. Cun goberno se maioría, capacidade de diálogo e cando fomos aritméticamente necesarios, os resultados foron mellores.
P. Encontrou maior complicidade con Zapatero?
R. Claro, é que Áznar era de plástico, profundamente antinacionalista e antigalego. Era autoritario e disciplinante, non con nós, é que non tiña relación sequera cos seus ministros, só con Rato. Son circunstancias que non reúnen os requisitos dunha democracia formal. Zapatero non é prepotente, ten capacidade de oír e, atendendo á nosa lealdade, tivo unha actitude de moita consideración co Bloque. Foi un recoñecemento mutuo, probábelmente Zapatero terá moi presente a conducta modélica do BNG.
P. Chegan outras eleccións xerais moi bipolarizadas. Que espectativas ten o BNG?
R. É certo. Hai unha gran bipolarización, cada vez as campañas son máis mediáticas, unha evolución preocupante se se enfoca a dialéctica como unha loita entre PP e PSOE. Para o BNG a campaña, sendo importante, é residual. Un segmento da poboación sabe que o BNG fixo o seu papel, hai que apuntalar esa posición e recordar que Galiza non pode permitirse o luxo de non ter cada vez máis peso político. Hai que facer unha campaña incidindo nas bases. 30.000 votos arriba ou abaixo non son indiferentes. O BNG aumentará os seus votos de maneira clara e reforzará posicións no Congreso. Nestas circunstancias, non sería un mal resultado, pero non me atrevo co número de deputados.
P. O BNG ansía un esceario sen maiorías. Reclámao Quintana cunha certa ambigüedade como se o Bloque puidera pactar coa dereita e a esquerda. Contempla acordos co PP?
R. Non. É inviábel pola oposición do PP, un partido involucionista dende o ponto de vista democrático, dun antinacionalismo visceral e un españolismo que non é o da unidade de España entre iguais, senón concevido no peor dos termos tradicionais e históricos.
P. Pola actitude do PP ou a convicción do Bloque?
R. Con este PP nunca nos plantexaríamos pactar. Agora, con un hipotético partido conservador, tolerante co nacionalismo, non habería problema para pactos puntuais que non para acordos estábeis. Esta circunstancia non se da no Estado español. A xente debe saber que os presidentes non se elixen nas eleccións, senón no Parlamento. Aí será a maioría a que vote aos candidatos. Para o BNG só hai unha opción [Zapatero], de ser necesario o voto, sempre que haxa diálogo e sen un pacto de Estado para poder actuar con liberdade. Sería absurdo subordinar o BNG a un partido no Goberno.
P. Cre que Quintana se xoga moito o 9-M?
R. Non creo nunha concepción dos partidos subordinada únicamente a resultados electorais. Agora, non é o mesmo para o BNG quedar estancado que avanzar, dentro do contexto no que estamos. Hai que subir en votos, esa posibilidade existe. O electorado non pode estar desenganado co papel do BNG no Congreso, unha opción política galega que contribuíu a unha maior democratización no Estado e porque este país necesita que miren por él.
P. O electorado valorará ademáis o papel do BNG na Xunta. Cal é a súa opinión?
R. Fixo cousas moi positivas e outras que hai que retificar.
P. Como cales?
R. Algunhas importantes, relacionadas coa concepción democrática que deber ter un Goberno e outras para xestionar mellor as cosellarías que prefiro non concretar. Algunhas poderán refificarse nesta lexislatura, como o nomeamento do director xeral de CRTVG, outas son inasumíbeis. O BNG opera políticas con aspectos moi positivos, pero quizáis o ritmo de cambio en moitos casos debería ter sido máis acelerado ou con maior impacto social.
P. Unha das rectificacións foi o relevo do Secretario de Relacións Institucionais, Antonio Losada. Ocambio en Vicepresidencia foi para mellor?
R. Evidentemente. Cos respetos que merece todo o mundo, os cambios foron moi positivos. Todo o mundo ten virtudes, pero a reorganización e que agora haxa secretarías especializadas e máis preocupadas pola xestión, é moi positivo.
P. Ese ritmo de cambio maior non se está dando nas áreas do BNG e nas do PSOE?
R. Houbo cambios espectaculares en Medio Rural, de certa entidade en Benestar e hai un intento en Industria que tropeza cunha animosidade tremenda no PSOE no Goberno español e tamén aquí, que merma a súa capacidade. As xestións en Cultura están condicionadas pola Cidade da Cultura, un peso morto que até que se vexa o seu uso e os seus contidos, da dereito a determinados xuízos.
P.O cambio prometido despois de Fraga, segue esperando?
R. Nalgunhas cousas, evidentemente, sí. Leva máis retraso o PSOE, pero iso non me gratifica.
P. É desleal o PSOE?
R. Non é un problema de ser leal co BNG, senón de deslealdade con Galiza. Sería mellor competir por ver qeun serve máis ao país. Non ten senso parar o que beneficiaría a Galiza. Segue habendo certa distorsión, un acompañamento insuficiente.
P. Esas friccións no bipartito ten só que ver coa actitude do PSOE?
R. As que trascenden son menos importantes, é máis grave a obstrucción á trasferenza de competencias que están no Estatuto. Ou boicotear outras cuestións dende un ministerio. A lexítima preocupación para ocupar protagonismo é compremsíbel, oponerse a cuestións boas para Galiza non ten senso, sobor de todo cando o PSOE ten o plus presidencial.
P. E a partires de agora, a que se adicará? Vese no bipartito?
R. Non, para nada. Na primeira liña política hai moitas funcións: Dende o seguimento da marcha orgánica do partido, á formación dos cargos máis relevantes do BNG. Tamén podo participar na cultura nacional dende distintos campos. Seguirei en primeira liña dende outro papel
Entrevista sacada de EL PAÍS.
Cales son as cousas que deberiá rectificar?