Expandir contido

"As ideas claras"

Diantres!

Anda o Rajoy a dicir en sendos cartaces por toda Galiza "As ideas claras", así como o ledes. Non é ningunha traducción á lingua de Rosalía. É que no Partido Popular sonche así de rariños, non hai demo que os entenda. Don Mariano di que o castelán ten problemas en Galiza por "imposición do galego". Iso sí, cando se trata de conquerir votos, e sabe que queda ben iso de falar galego sendo político en Galiza, os cartaces van en galego. Menudas contradiccións.

Minte, minte, minte. O castelán non ten ningún problema en Galiza. Non é así o que pasa co galego. Debemos ser o único país do mundo no que falar o noso idioma está mal visto. Cando se fai un chamamento ao cumprimento dunhas leis de mínimos, que dende o meu ponto de vista deberan ser ampliadas enormemente, fálase de imposición. Carallo! Ninguén se queixa de que lle impoñan o castelán! Cando uns pais denuncian públicamente que non poden educar aos seus fillos en galego táchannos de "radicais", "independentistas", etc. Pero cando a uns nenos se lle vai aplicar unha lei do 50% en cada idioma recúrrense a uns "dereitos lingüísticos" sacados da manga, e mesmo créanse asociacións como "Galicia bilingüe" (que me pregunto eu onde estaban estes personaxes cando non había lei de mínimos) e "Tan gallego como el gallego". É que somos libres para decidi-lo idioma en que queremos ensinar aos nosos fillos? Non. Todo dependerá do país onde nazas.

Señor Mariano. Como pode vostede andar por España adiante afirmando que é "gallego", cando nunca fala o noso idioma? Como pode pór cartaces para que o voten en galego, cando quere asfixialo?