Aventura sexual na América profunda
Comparten o seu entusiasmo polas armas, os rodeos, as barbacoas e as familais numerosas. Forman parte da mesma América profunda. Non se parecen aela. Son como ela. Un fiel reflexo da candidata republicana á vicepresidenta de Estados Unidos, Sarah Palin. Quizáis a única diferenza - quen sabe - entre estes bos patriotas e a gobernadora de Alaska sexa a pasión que derrochan polo intercambio de parellas.
"Os swingers estadounidenses son persoas absolutamente normais que o sábado pola noite participan coa esposa ou o marido en reunións de sexoen grupo e á mañá seguinte van a misa cos seus fillos". A voz pizpireta de Naomi Harriches chega dende Nova Iork. Ela é a culpábel de que vostede poida deleitarse hoxe con estes matrimonios máis ou menos estábeis e solteiros montándoseo ao grande con outras parellas. Swingers que disfrutan do picoteo sexual sen enganar á moza ou ao marido. Un fenómeno nado en Europa e Estados Unidos ao calor dos anos sesenta e setenta do século pasado que goza hoxe dunha saúde de ferro, a tenor da proliferación mundial de clubes, asociacións e páxinas webs especializadas, se ben resulta difícil de terminar con exactitude cantas persoas comparten esta afición, como lembraba Gretel c. Kovach en Newsweek a finais de 2007.
Reunións en casas particulares, eventos de copulación masiva en hoteis e clubes ou vacacións libertarias en complexos coma o lexendario de Cap d'Agde, no sur de Francia, retratado con ardor en Las partículas elementales (Anagrama). Con independencia do lugar de celebración, o procedemento ven a ser o mesmo: dar e recibir. Coma ese tipo, concentrado na retransmisión da Superbowl de fútbol americano, a cuxa esposa se está beneficiando un descoñecido nas súas propias narices. Ou aquela outra muller que saborea o vermú nunca cadeira de camping mentres contempla ao seu maridiño en plena acción coa veciña de tenda durante unha acampada de fornicación. Estampas de sexo explícito como estas salpican as páxinas do libro America swings, onde a fotógrafa Naome Harris concentrou en 250 imaxes da alto voltaxe a súa odisea carnal por Estados Unidos. Publicado pola editorial Taschen, constitñue o documento dunha ardente travesía de cinco anos ao longo de 38 festas e encontros de swingers celebrados en trece Estados de Norteamérica. Unha orxía de sexo libre dende Mahwah (Nova Iersey) até Pleasanton (California).
Todo comezou nunha praia nudista ao norte de Miami. A señora Harris, nada fai hoxe 35 anos nun barrio xudeu de Toronto, Canadá, vagaba en marzo de 2002 como deus a trouxo ao mundo pola beira de Haulover Beach cando un sesentón apodado Capitán Richy invitouna á súa primeira concentración de swingers. "Aquel tipo non tiña acompañante, e un requisito fundamental destes eventos establece que os homes non poden acudir sós. Pensei que sempre é un bo momento para coñecer algo novo". Esa mesma noite, a parella ficticia chegaba a un clube ao norte de Miami en cuxo interior pululaban, do máis sensual, oficinistas profesionais, amas de casa, executivas agresivas, picapleitos, vendedores de coches de segunda man... todos enchían platos de comida no bufé de benvida e formaban corrillos para coñecerse. Vinte minutos despois estaban practicando sexo en grupo na trastenda.
Así de doado. Un pequeno xesto, un guiño ou unha caricia bastan para incendiar estes corpos serranos. Do "Ola que tal?" ao "full swap" ou intercambio total, pasando por un variado catálogo de xogos sexuais. Pero a pesares da aparente espontaneidade coa que se desenrolan os encontros, os límites están marcados de antemán. "De entrada, un non siginifica non", lembra Naomi. "Esa é a archicoñecida regra de ouro. Os aficcionados ao sexo libre queren desfrutar, non que a cousa remate en traxedia". Paréceme algo realmente sensual, anque recoñezo que a min non me seduce en absoluto a idea de manter relación sexuais despois de cear. Non participei dese bacanal. Nin en todas as que viñeron despois. Ao regresar a Nova Iork, onde traballaba coma fotógrafa para diferentes publicacións, propúxenme realizar un proxecto a longo prazo que arrancou en xullo de 2003".
- Resultoulle complicado manter a distancia de seguridade mentres traballaba?
- Non me sentín atraída sexualmente por eles en ningún momento; a maioría era bastante maior ca min. Nestes cinco anos non me atopei a moitos swingers da miña idade.
- Podería indicar a zona máis quente de Norteamérica?
- En Texas atopei moita acción. Tamén en California. Definitivamente, hai outra América neses paisaxes de películas coma No country for old men. Pero a capital swinger de Estados Unidos por execelencia é Minnesota. Será polo frío... e porque non hai nada que facer. O que se monta aló é algo fóra do común.
"Durante a miña primeira experiencia de intercambio de parellas fixen máis felacións que en toda a miña vida, admite Jodi Greggs, de 41 anos e natural de Minnesota, nunha das entrevistas realizadas por Dian Hanson para acompañar as fotos do libro America swings. "No meu primeiro matrimonio era monógama e non practicaba posturas nin nada de todo iso. A verdade é que me sentía moi aburrida. Aos once meses divorcieime para estar con Michael. Unha amiga súa introdúxonos neste círculo, onde xa levamos oito anos. A mín cústame acadar o orgasmo ante tanta xente, pero desfruto intentándoo.
É o tórrido encanto dos cidadáns desta mesma América profunda onde a gobernadora Sarah Plin levanta pasións. "Intentei facer fincapé nos valores puritanos anclados na sociedade estadounidense" conclúe Naomi Harris. "Navegamos en privado ante todo tipo de imaxe e vídeos extremadamente pornográficos, pero non somos capaces de falar das cousas sinxelas, de mostar a cotidianidade do sexo".
Publicar un comentario