Pekín Express XII
A piques de rematar Pekín Express, dispóñome a contarvos o que aconteceu na duodécima etapa.
A saída desta penúltima etapa comeza en Datong, no muro dos nove dragóns. Paula xa lles adianta que a proba de inmunidade se xogará na Murralla Chinesa; ademais, a Martha e Javier se lles aplica o handicap por ser salvados na anterior etapa: terán que ir unidos cun cinto que non lles da máis de 20 cm de separación durante os tres días que dura a etapa. Non poderán quitalo nin sequera para durmir ou ir ao baño.
José e Oier son os primeiros en conseguir coche, un taxi. Pouco despois o conseguen Fernando e maría e, finalmente Javier e Martha. Fernando se desespera un pouco porque non se entende coa poboación local, e non ten claro que o taxi vaia na dirección correcta, o que desespera a María.
A José e Oier déixannos nas aforas e comezan a camiñar... Martha e Javier, mentres tanto, paran un autobús que os recolle. Pouco despois tamén paran o bus os bascos, que se unen a Martha e Javier na viaxe. Pola súa parte, Fernando e María teñen problemas co seu cocheiro, que para e non entende a onde queren ir, polo que intentan cambiar de coche.
Despois de baixar do bus, Martha e Javier montan nun camión, pero pouco lles dura, porque detense a carreira en breve.
Búsqueda de aloxamento
Martha e Javier atopan sitio pronto; Fernando e María por un lado e José e Oier polo outro son levados por funcionarios do goberno a unha nova vila, xa que non deixan que haxa extranxeiros en certos sitios... para a súa sorpresa, Martha e Javier tamén son levados para a onde están o resto de concursantes. A policía lévaos a un restaurante a cear, para telos controlados. O goberno chinés tamén lles paga hotel: así saben onde están.
Continúa a carreira
Ao día seguinte, todos os concursantes se poñen a facer autostop, pero non había moito tráfico. Finalmente, Martha e Javier conseguen coche. Tamén o farán ao pouco Fernando e María, pero volve a pasarlles o mesmo: a falta de entendemento fai que o conductor os leve en dirección á estación de autobuses, onde non queren ir. Fernando desespérase.
Javier e Martha adiantan a José e Oier, que intentan á desesperada coller un coche. Con iso, conseguen chegar á muralla antes ca ninguén, e piden ao conductor que os acompañe. O camiño para achegarse á muralla faise por camiños a pé.
Como era de agardar, a parella formada por empregada e xefe foron os primeiros en chegar á bandeira de Simatai, na muralla chinesa. De seguido chegaron os bascos e, xa por último, Fernando e María.
Xogo de inmunidade
Este xogo de inmunidade,o último do programa, puideron xogalo todos os concursantes, ao marxe da orde de chegada. Como medida excepcional, Martha e Javier puideron separarse para xogar o xogo de inmunidade en igualdade de condicións. Desta vez, tratábase de aguantar os dous membros da parella o máximo tempo posíbel sobre unhas bases que ían aumentando a altura e diminuíndo o tamaño da base. Todos aguantaron ben os 5 minutos na primeira das bases, a máis ancha e baixa, polo que Paula da orde de subir un nivel máis. Novamente, todos aguantan ben, inda que Martha sufriu un calambre. Danlles orde de subir ao terceiro nível, o máis alto. Abrazados, todas as parellas van aguantando... algunha con mellor equilibrio ca outra... 25 minutos de equilibrio que aguantan todos... tras 46 minutos, José e Oier non aguantan máis e teñen que baixar... Javier está sufrindo moito... pasan da hora de equilibrio... Javier desiste e Fernando e María fixéronse coa inmunidade, asegurando o seu paso á final, cunha hora e un minuto.
Continúa a carreira
Paula dalles indicacións: terán que durmir nunha pequena vila e logo buscala nun parque, para o que terán que resolver unhas indicacións que se lles entregan nun sobre.
Martha e Javier atopan sitio pronto e mesmo terán a sorte de poder darse unha ducha, iso sí, xuntos, porque non se poden separar... José e Oier, tamén atopan sitio, ao igual que Fernando e María.
A todos os concursantes póñenlles unha morea de comida, uns oito pratos diferentes. Logo das respectivas ceas, todos van durmir, agardando o día seguinte, onde se decidirá a segunda parella finalista.
Un novo día
Paula explica en que consiste a proba: hai catro preguntas de resposta numérica e logo deberán xogar con esas cifras para obter un número do 1 ao 10. Ese número daralles a zona do parque onde está a bandeira que marca a meta.
Á hora de iniciar a viaxe, Fernando e maría son os primeiraos en conseguir vehículo, mais nunha moto con remolque. Javier e Martha consiguen un coche e os bascos unha camioneta. Pese a algún pequeno altercado sen incidencia, todos teñen sorte co autostop.
Aproveitan para ir interactuando coa xente e ir respondendo ás preguntas e facer as operacións... José e Oier dan co número da zona, a 7. A Martha e Javier, pola contra, dalles 5, que é incorrecto. Pola súa banda, María e Fernando tamén acertan co resultado: 7.
Todos chegan ao parque e comezan a busca desesperada pola zona onde deben atopar a Paula, na meta. Javier e Martha fanno no lugar incorrecto, mais ven a Fernando e María e deciden seguilos, correndo detrás deles. Pero Martha cánsase e fai que Javier teña que parar tamén, ao ir atados. Aproveita para recriminarlle que o día anterior perderan a inmunidade porque Javier non puidera aguantar.
Ranquing
O último ranquing de Pekín Express deixou a José e Oier ás portas de Pekín, xa que chegaron no derradeiro lugar. Isto fixo que Martha e Javier fosen os segundos finalistas, xunto con Fernando e María, os inmunes. Estes, ademais, gañaron o sétimo amuleto ao chegar de primeiros. A maiores, os bascos, ao marchar, danlles tamén os seus amuletos, sumando un total de once.
Agora, só queda agardar á próxima semana, cando se xogue a gran final cunha xincana en Pekín
Publicar un comentario