O temporal
O temporal que se está a vivir estes días en Galiza, e que esta pasada noite volveuse cruento, deixou o país asolagado de problemas variados, destacando as innumerábeis caídas de árbores que provocaron cortes nas liñas eléctricas. No caso de Cabanas e arredores, o "legado" do temporal foi deixar sen luz dende as once da noite pasada até o mediodía de hoxe e sen servizo telefónico (nin fixo nin móbil) durante toda a mañá.
Dito así non parece moito... mais, ter que facer unha cea fría á luz das velas, esquecerte do leite quente para almorzar ou non poder facer a chamada que desexas complica moito as cousas.
Isto fíxome pensar no dependentes que chegamos a ser dos 'elementos externos', e da pouca importancia que lles damos a éstes...
O bo de todo é que de vez en cando, pode resultar 'romántico' cear á luz das velas...
[Fotos] Clic aquí para ver unhas fotos do temporal en Cabanas tomadas por Adrián Rodríguez
Publicar un comentario