Encontro cos propietarios do Eume
Con motivo da campaña electoral, o pasado venres 20 de febreiro, tivo lugar un encontro coa Asociación de Propietarios das Fragas do Eume cos candidatos Ana Pontón, Fernando Branco e un servidor, alén dos voceiros do BNG de Cabanas, Xosé Manuel Pérez Sardiña e a de Monfero.
Os propietarios tiveron a oportunidade de expór as súas demandas dunha maior transformación nas políticas ambientais da Xunta de Galiza e, sobre todo, nas formas de xestión do Parque Natural.
Pola súa banda, Ana Pontón salientou que o BNG apostará na próxima lexislatura por poñer en marcha Plans de Desenvolvemento Rural nos espazos da Rede Natura e nos Parques Naturais, orientados a que a poboación sexa a primeira beneficiaria da política de conservación.
Publicar un comentario