Expandir contido

Primeiro mitin

Hoxe tiven o meu primeiro mitin desta campaña; non o primeiro ao que vou, senón o primeiro no que me toca intervir. E foi en Narón, concretamente na parroquia de Santa Icía.

Xunto a min, participaron do mitin Pablo Villamar, Vicepresidente da Deputación de A Coruña, que exerceu de anfitrión, e Ana Vérez e Carlos Aymérich, candidatos na lista pola provincia.

Como non podía ser doutro xeito, fixen unha pequena referencia ao tema do día: a negativa do candidato popular, Alberte Núñez Feijoo a debater co resto de candidatos no programa previsto para este venres na Televisión de Galiza. O curioso do caso, e que o axente 009 inda di que el quere debater, e que son os demais os que se negan, como fixo hoxe nunha entrevista no programa Hoy por hoy da Cadena Ser. Que é o que pretende ocultar Feijoo ao non ir aos debates? Teme que se lle descubran todas as mentiras que anda a predicar?

Aproveitei a miña intervención para apuntar dúas medidas do noso programa electoral beneficiosas para a mocidade galega nestes tempos de crise: dunha banda, a creación dun Plano Plurianual de Emprego Xuvenil que garanta o dereito da mocidade galega a ter un traballo digno e, na mesma liña, a posta en marcha do salario social, que recibirán as persoas que estén a buscar o seu primeiro emprego tras un período de formación.

De regreso a casa, descansar... mañá é outro día.

2 Responses so far.

  1. fumador says:

    O PP, e tamén Feijóo, é experto en envorcar as palabras; así agochan o que realmente queren dicir.
    Un saúdo e ánimo!

  2. Anónimo says:

    Ola boa noite,espero que vaia ben o Domingo,en Chanteiro,pois eu non podo ir,unha aperta e boa noite Iago

    P.D. - Eu veño sendo, o que che saudou ó remate do Mitin das Pontes,saúde e ADIANTE CO BNG