Para que Galiza conte
“Gripe A nos cuarteis” vs “Caso Yak-42”. “ZP usa Falcon para actos de partido” vs. “Aznar usou helicópteros”. “Aborto non” vs. “Aborto si”. Ese é o debate e o discurso do PSOE e do PP nesta campaña. Europa? Non está.
Non oímos neste campaña a Zapatero dicir se vai levantar ou non o veto a ASTANO. Tampouco nesas “soluciones” de Rajoy algunha proposta para axudar ao noso sector lácteo, que atravesa unha grave crise.
Volven ao de sempre: o PSOE pide o voto co argumento do medo (“se non imos nós… vai o PP!”); o PP pídeo para medirse a Zapatero, como se dunhas primarias se tratase ("se gañamos as europeas, gañamos as xerais!").
Mais afortunadamente non todo é branco ou negro. Afortunadamente existen alternativas, preto de nós, galegas. Alternativas que defenden as nosas rías, o noso leite, o noso agro. Alternativas que cren na nosa posibilidade industrial sostida, que defenden un novo modelo económico e social que poña fin á especulación. Alternativas orgullosas da nosa cultura, da nosa lingua, da nosa identidade como nación europea. Alternativas que buscan unha europa antimilitarista, acolledora. Alternativas, en fin, para que Galiza conte.
A candidatura do BNG, encabezada por Ana Miranda, é esa alternativa.

Adiante co BNG, gañaremos!
O que está craro é que, xa levan moitos anos tentando de que desapareza o BNG,mesmo o Nacionalismo Galego, pero xa o dicía CASTELAO, DENANTES MORTOS , QUE ESCRAVOS , adiante co BNG, e Adiante con Ana Miranda ,
dende a bocana da ría
Bo artigo, tranquilo, seguro que o domingo levamos unha alegría.
Alegría, alegría non levamos...