De Human Planet e outras divagacións
Ola? Hai alguén aí?
Xa ía camiño de tres meses que non actualizaba o blogue e case non sei como se fai, tiven que mirar manual... obviamente é coña, pero coas actualizacións de Mallando, Mallando no Android, A Malla das Telecos, Dos Yogures... chega abondo.
Como? Non sabíades o do novo Mallando? Buff, daquela hai ben tempo que non falamos!
Resulta que o Luis, o Vítor e máis eu pensamos que era bo ampliar miras e crear, a partires do Mallando orixinal, unha rede de blogues en galego. E así xurdiron o de Android, o das telecos, o Esparavel e O Bloc, os cales recomendo visitar, obviamente.
Pero o que vos quería comentar realmente (si, o outro era publicidade encumberta), era sobre Human Planet. Mirade o vídeo e logo seguimos falando.
Non se vos poñen os pelos de punta? Agora que xa teño todos os capítulos non vexo o momento de poñerme a velos e ten toda a pinta de non defraudar.
E é que levo unha tempada moi pro-documentais e experimentos semellantes. Teño a medio ver Apocalypse: Second World War, que ten imaxes impresionantes e axuda a coñecer o acontecido durante a segunda guerra mundail, con imaxes inéditas.
E ao que tamén lle teño ganas e ao proxecto de YouTube, Life in a day. O 24 de xullo de 2010, quen quixo puido gravar algo do seu día para facer logo un filme coas contribucións de centos de persoas anónimas e ver un día na Terra.
Algo semellante é One Day on Earth, inda que neste caso a data elixida foi o 10/20/2010.
Que pouca cousa somos, non?
Enorme esa última frase :)