Expandir contido

Quen veño sendo

Iago Varela Martínez

Estudante. 23 anos.

Nacín en Cabanas, concello da provincia de A Coruña.

Estudos

Cursei os meus estudos de primaria no CEIP Eladia Mariño (San Martiño do Porto, Cabanas), que foron complementados coa ESO e o Bacharelato no IES Fraga do Eume (Pontedeume).

Na actualidade, estou a estudar Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo.

Política

Dende ben mozo tiven un interese especial polo mundo da política, no que profundicei ao entrar como militante en Galiza Nova (organización das mocidades do BNG) e no Bloque Nacionalista Galego, organizacións nas que participo activamente. Actualmente desempeño o labor de Responsábel Comarcal de Galiza Nova en Ferrolterra.

No eido universitario, fun Responsábel do Campus de Vigo dos Comités Abertos de Escola e Facultade (CAF-CAEF), durante o mes de abril de 2008. Trala Asemblea Nacional constituínte dos Comités (organización nada da fusión dos CAF-CAEF coa organización do ensino medio, CAE), fun escollido novamente Responsábel dos Comités-Universidade no Campus de Vigo.

Ademais, son membro da Xunta de Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións e membro do Claustro da Universidade de Vigo (sector estudantes). Tamén pertenzo ao Consello de Goberno da Universidade de Vigo dende o 25 de xuño de 2008.

Por outra banda, tamén son socio de A Mesa pola Normalización Lingüística

3 Responses so far.

  1. Anónimo says:

    Ola meu pequerrecho!!
    Tes pouco publicitado o blogger... ainsss weno, pero con artigos coma esta sacados da Wikipedia, seguro q entra moitísima xente!! ^^

    QRT

  2. Moncito says:

    Aupa Iago!
    ¿Que tal vai todo? bueno agardo q todo ben. Acabo de ver o teu blog e moi ben, joder, se é que estás metido en todo!
    Veña tío, unha aperta.
    Por certo, son Ramón, teu compañeiro de teleco en anos pasados!

  3. Grazas polo labor que estás a levar a cabo.

    Saúdos.