Mitin en Fene
Pódese dicir que onte foi o meu primeiro acto de precampaña destas Eleccións Xerais. Acontecu en Fene.
Comezou o mitin puntual, ás 20.30 horas, coa intervención de Rita Couto, concelleira de igualdade no concello onde se celebraba o acto, facendo unha clarificación dos "porqués" polos que é necesaria a presenza do nacionalismo galego en Madrid.
A continuación, chegou a quenda de Paco Rodríguez, o actual deputado do Bloque nas Cortes Xerais. Paco achegounos o ponto de vista de quen fala coa voz da experiencia de ter estado 12 anos representando ás galegas e galegos no Congreso dos Deputados. Lembrou, como antes de que o nacionalismo galego, da man do BNG, estivese presente como unha forza política máis no Parlamento, fomos os esquecidos, e ningunha das iniciativas levadas adiante polo goberno estatal foron pensadas en clave galega. Lembrou tamén, a modo de exemplo de como se temos presenza en Madrid somos escoitados, o compromiso acadado co goberno na negociación dos últimos presupostos do estado, nos que, grazas ao BNG, acadouse subir dos 2000 millóns de euros en inversións neste 2008.
Seguindo coas intervencións, Francisco Dasilva (nº 3 na lista por A Coruña) aprobeitou a ocasión de estar en Fene para centrar a súa intervención na construcción naval en Galiza. As políticas estatais en relación co estaleiro da antiga Astano, non fixeron máis que perxudicar á nosa comarca de Ferrolterra, e nomeadamente ao noso País. Lembrounos un exemplo que eu, quizáis pola miña vinculación do meu pai co estaleiro, xa sabía: un empresario ruso decide encarregar 3 buques gaseiros dunhas determinadas dimensións. Navantia (nomo nome dos estaleiros estatais), decide facelo en Vigo, que, casualmente, está sobrecarregado de traballo. En Fene, as gradas do estaleiro están baleiras. Vigo, non dispón dunhas gradas o suficientemente grandes para facer parte do casco. Que solución da España? Subcontratalo á factoría de Cádiz e traer os "trozos de casco" dende aló, para ensamblalos en Vigo. Parécevos normal, que estando Fene moitísimo máis preto de Vigo, estando Fene sen carga de traballo, non se lle conceda a construcción? Calquer persoa cun mínimo sentidiño diría que non. Pero é máis, sabedes cal foi o resultado desas actuacións? Retrasos, perda de cartos... en fin, que non compensou moito o contrato.
Para rematar, Francisco Jorquera (Actual senador e 1º na lista por A Coruña), puntualizou que nunha situación sen maiorías no Congreso dos Deputados, o BNG ten que ser decisivo para condicionar o goberno, iso sí, pondo os intereses de Galiza riba da mesa. Expresou a súa máxima condena aos radicais que na xornada anterior insultaran e intimidaran a María San Gil cando ía pronunciar unha conferencia na Universidade de Santiago.
Xa virán moitos máis xa verás, chegarán moitos e moitos actos máis... E incluso chegarán nos que sexas ti quen fale... eu coido poder ver isto algunha vez, porque seguro que non tería desperdicio, coma os de Paco, de seguro dúas persoas traballadoras e coherentes.
Unha aperta Iago