Expandir contido

Pegadas de cartaces

Se hai un momento tradicional nas campañas eleitorais é o do momento da pegada de cartaces. Consiste, basicamente, en colocar os cartaces nos taboleiros habilitados para tal fin, e ensinar así aos nosos candidatos e candidatas. Como non podía ser doutro xeito, o BNG fixemos catro modelos distintos, un para cada provincia.



Resulta certamente extrano, que tanto o PSOE coma o PP presenten a Zapatero e Rajoy en tódalas provincias, ou a menos iso parece, xa que son os cartaces que podemos ver ao longo de todo País. En fin...



Pois nada, esta vez fun a dúas pegadas, unha en Cabanas, o pasado venres e outra na Universidade de Vigo, o martes.



Xa queda menos para que Galiza decida!