Segundo Mitin en Fene
O pasado venres houbo un segundo mitin na localidade veciña de Fene, no que interviñeron Rita Couto, Francisco Dasilva e a Conselleira de Vivenda, Tareixa Táboas. Foi un acto simples, pero fermoso, no que os distintos oradores evidenciaron con claridade cal é a posición do BNG ao respeito das políticas que se van a levar adiante
Francisco Dasilva fixo unha reflexión sobre as contradiccións que o xornal La Voz de Galicia tivo na edicción dese mesmo venres. Por unha banda, salientábase en portada que A Coruña e Pontevedra serían dúas provincias decisivas nas vindeiras eleccións, pero xa no desenrolo da nova, dicíase que Galiza non o sería. Isto é: A Coruña e Pontevedra por separado si, e Galiza no seu conxunto non? A verdade é que é certamente curioso.
Pola súa banda, Tareixa Táboas tivo unha intervención exemplar, na que criticou o voto emigrante, pola súa incongruencia (os votos dos emigrantes contan igual que os dos galegos afincados en Galiza, pero non para o censo, polo que Galiza perde nestes comicios a escalofriante cifra de 5 deputados).
Tamén falou a conselleira de política de vivenda, recordando que na tramitación da renda para o alugueiro que ofrece o Ministerio da Vivenda, o BNG promoveu que se metese unha cláusula para establecer o teito do prezo máximo do alugueiro, para que non pasase como coas bolsas que deseñara o anterior goberno da Xunta do PP, que desenvocaran nun crecemento dos prezos do alugueiro. Criticou, así mesmo, a actitude das Xuventudes Socialistas de Galiza, quenes estiveron a dicir que "a consellería de vivenda non estaba a facer o seu labor ao respeito da renda para o alugueiro", e recordou, que segundo os datos ofrecidos pola Ministra de Vivenda, en Galiza tramitáronse o 40% de todo o estado (cómpre recordar que a tramitación levaa a cabo a Consellaría de Vivenda).
En fin, outro acto co que o BNG demostrou a súa proximidade e a necesidade de contarnos con máis representación nas Cortes Xerais para poder levar adiante moitas máis iniciativas
Publicar un comentario