Con cabeza e corazón
Onte celebrouse o tan anunciado segundo debate Zapatero-Rajoy, ese "acontecemento histórico" que dan en tildar algúns. E é que asemella que tódolos habitantes do ?plural? Estado español só teñen dúas opcións a elexir: PSOE-PP. Dende logo que é ben triste, sí señor. A esencia da democracia, pura e dura.
Pero xa non é iso o único que me parece mal, senón que inda por riba, a inmensa maioría dos medios de comunicación fanlles as beiras, proporcionando espazos de propaganda eleitoral de balde extra.
Puidera ser que os medios galegos se preocupasen de desmembrar o que defenden os partidos que se presentan polas provincias do País, máis parece non interesar: todo se debe a promesas de Zapateros e Rajoys, non no que lle interesa ao pobo galego: traballo no País, cuota láctea, que se cumpran as promesas...
En fin, agardemos que Galiza "esperte do seu sono" e o vindeiro día 9 vote "con cabeza e corazón", apoiando ao BNG, o único que mira polo noso benestar.

Publicar un comentario