Mitin en Cabanas
O sábado celebramos o mitin en Cabanas. A verdade é que xa lle tiña gañas. Era a miña primeira intervención en público e supuña un gran esforzo perder ese "medo escénico". Pero creo que o logrei, e pese a que me acelerei un pouquiño, penso que a mensaxe quedou ben clara: a mocidade galega precisa de máis forza en Madrid para avanzar en dereitos democráticos.
O encargado de rompe-lo xeo foi Xosé Carbón, actual Responsábel Local do BNG. O histórico nacionalista recordou unha frase do "Sempre en Galiza", que reza "a nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos e Madrid". A verdade é que esa frase xa o resume todo: Galiza precisa estar presente en Madrid para velar polos nosos intereses.
Seguidamente, tocoume a min a quenda. A miña intervención foi en clave de mocidade: qué logros acadou o BNG en materia xuvenil, que propón en materia de dereitos sociais, etc.
A continuación, X. M. Pérez Sardiña, Voceiro do Grupo Municipal, nomeou algúns dos aspectos nos que a presenza do BNG en Madrid foi decisiva para Cabanas: Estrada N-651, polígono industrial... etc.
Logo, Ana Pontón, Deputada no Parlamento de Galiza ofreceunos unha visión a nivel nacional: cuota láctea, benestar, etc.
Finalmente, o candidato ao Congreso Francisco Dasilva falounos do sector naval, e fixo un chamamento aos demáis partidos políticos a que fixeran actos similares ao organizado polo BNG de Cabanas para explicar por toda a comarca o que fixeron co sector naval.
A verdade é que foi un acto estupendo, creo que serviu para afianzar a confianza no BNG dos asistentes. Que así sexa.
Publicar un comentario