Mitin en Pontedeume
O pasado venres, día 29, houbo un mitin en Pontedeume, do que participaron Raúl Calvo, Ana Vérez e Francisco Rodríguez.
O primeiro, foi o encarregado de abri-lo evento, facendo un pouco de fincapé no que o BNG fixo no congreso a prol da comarca de Ferrolterra e, nomeadamente en Pontedeume, xa que era onde se celebraba o acto.
Seguiuno unha Ana Vérez expléndida. Notábase que estaba cómoda e como cría no que dicía. A candidata ao senado por A Coruña deu motivos dabondo para votar ao BNG fronte aos partidos estatais, que só miran polo seu ben, esquecéndose de quen os votou.
Rematou o acto Francisco Rodríguez. O que até este ano foi deputado por A Coruña, falou nun ton moi coloquial, de "ti a ti". Aquelo foi máis unha xuntanza con amigos que un mitin. Mostrou documentos asinados nos que o Goberno comprometíase co BNG para melloras en Galiza, demostrando a mentira que supón os logros que algúns achacan aos seus xefes en Madrid.
Publicar un comentario