Novo Carné Xove
Se hai un carné universal para tódolos mozos e mozas de Europa, este é sen dúbida o carné xove, ese documento co que os xoves europeos de entre 12 e 25 anos podemos obter descontos en tendas, transportes e outros servizos.
Na XXIII Asemblea Xeral da Asociación Europea de Carné Xove (EYCA), celebrada en outubro de 2007 en Barcelona, acordouse incrementa-la idade límite até os 30 anos, sen que isto supoña un cambio nas condicións de descontos. O que sí supón é a desaparición do Carné Máis, orientado a xoves entre 26-30 anos, ao quedar suplidas as súas condicións coa ampliación do novo carné xove.
E... xa que estamos a falar do carné xove, dicir que a EYCA está a facer unha enquisa sobre este documento, coa que se entrará nun sorteo dunha fin de semana nunha casa rural en Galiza e/ou nunha viaxe a Europa. Podédela facer clicando aquí (non é necesario posuí-lo citado carné xove.
Recordarvos que podedes obter o carné xove nas oficinas de xuventude dos sete campus universitarios galegos, en moitas oficinas de Caixa Galicia, nos concellos e nas casas da xuventude.

Publicar un comentario