Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta lecer. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecer. Mostrar todas las entradas
Hai uns días tíven a oportunidade de achegarme con Luís até o edificio da antigo Cárcere Provincial de A Coruña, para visitar a exposición 'From I to J', unha homenaxe da cineasta Isabel Coixet á obra 'From A to X' do crítico, pintor e escritor John Berger.

Segundo entrei no edificio, sentín un arrepío extrano ao pensar nos centos de historias que agochan os muros da prisión que serviu de escenario da represión franquista. Isto complementouse con parte da exposición permanente, na que se recollen cartas testemuña das últimas palabras de moitos fusilados.

A exposición de Coixet visítase entrando en diferentes celdas, cada unha coa súa historia. Durante a visita, puiden sacar algunha foto como a que vai ao pé destas liñas. Mais a galería completa de imaxes podédela ver clicando aquí.



Síntome realizado. Acabo de contribuír a facer de internet un lugar máis útil e interesante cunha pequena aportación de material fotográfico.

Non é que eu sexa un grande fotógrafo, que xa quixera. O que fixen foi darlle uso á miña conta de Panoramio, xa sabedes, o espazo de Google adicado a que as e os usuarios podiamos subir as nosas fotos e situalas nun mapa, que logo aparecerán no Google Maps e no Google Earth.

A miña modesta contribución suma imaxes das Illes Cíes (hai que dicir que algunhas bastante boas), de Cabanas (poucas imaxes situaba Google na actualidade...), do encoro do Eume, de Redes e da ría e porto exterior de Ferrol.

Haberá que agardar canto tarda Google en facelas visíbeis nos seus mapas! Mentres tanto, podedes velas na miña conta Panoramio.

[Ligazón]: As miñas fotos en Panoramio
Hoxe púxenme a gravar uns cd's e dvd's, para salvagardar as fotos dixitais en máis de un sitio. E así foi como dei con este vídeo no que saímos o meu curmán ÁLex e eu baixando unha pista na estación de Courchevel, nos Alpes franceses, aló por finais de ano do 2005. Que lembranzas!

Todo comezou cunha pregunta: e se imos facer algo de aventura en semana santa?

A partir de aí, veu unha segunda cuestión: e que facemos? Pola nosa cabeza pasoúsenos hydrospeed, kayak, barranquismo... pero definitivamente decidímonos por sumerxirnos no rafting.

O seguinte paso foi procurar unha empresa que se adicase a iso. En Galiza hai unhas cantas; tras navegar polo río da Internet, contactamos cos servizos que ofrece Viajes Tambre. E aló fomos, decididos a poñernos en marcha Carmen, Álex, Adrián, Cristina e eu.

Así que onte á mañá collemos o coche rumbo a Padrón, onde procuramos por un sitio onde xantar a bo prezo.

Para facer tempo despois de encher o estómago, decidimos que, de estar en Padrón, habería que ir visitar a antiga casa de Rosalía de Castro. E aló fomos; a mágoa foi que estivese pechada e nos tivésemos que conformar por vela dende fóra das murallas.

Ao redor das catro da tarde, achegámonos ao bar Casa Dios, en Herbón, onde quedáramos cos monitores que nos acompañarían no traxecto. Aló coñecemos a outro Álex e Juan, dous amigos de Jérez de la Frontera de vacacións por Galiza, que nos acompañarían na aventura.

Tamén a Luís, un dos monitores e organizadores desta empresa adicada ao deporte de aventura (dende logo que hai traballos ben bonitos!).

Dende aló, fomos seguindo á furgoneta que nos adentrou polas terras de Herbón cara "A Base" da empresa, onde nos facilitaron o material necesario para facer rafting: traxe de neopreno, escarpíns para levar por baixo dos tenis, chaleco salvavidas e casco.

Encamiñámonos logo cara o ponto de partida da nosa viaxe polo río Ulla, no lugar de Sinde. Aló agardamos a que Carlos (o outro dos monitores) e Luís volvesen de deixar o coche no ponto final para baixar por unha pendente bastante pronunciada que nos levaría até un dos marxes do Ulla.

Comezaba unha rota que nos levaba río abaixo, por augas tranquilas e por algún que outro rápido onde se aceleraba un pouco a adrenalina. E houbo de todo: abordaxes ás outras lanchas, caídas... en fin, todo unha aventura.

Nun determinado momento da baixada, paramos a xogar ao "tobogán".

Consiste en pór unha balsa dada a volta, baixar correndo por unha rocha, tirarse enriba da neumática e caer ao río.
Aí houbo estilos varios, dende o meu, que foi moi predecíbel, ao de Carmen, que primeiro se lanzou ao "Superman" e logo foi perfeccionando o estilo, saltando de xeonllos e con mil efectos, moi similar ao que temos visto en Humor Amarelo.

Adrián tamén intentou o estilo de xeonllos, e en certa medida conseguiuno, como nesta estampa ao estilo toreiro.
Logo desta parada, baixamos un rápido dos light facendo un tren entre todos os participantes, o que tamén foi moi divertido.

Continuamos o descenso do Ulla con algún outro punto forte, cun rápido longo onde todo o marxe dereito da balsa caemos á auga (Adrián, Álex, o monitor e eu). Claro que uns (monitor) conseguiron agarrarse á balsa, mentres que outros, collemos fixemos o rápido en persoa.

Durante a baixada, Carlos, o monitor que nos acompañaba a bordo, propúxonos un acertixo cunha aposta: se o acertábamos, saltarían os monitores dende unha ponte que había ao rematar o percorrido. Senón, teríamos que saltar todo o resto.

Sen ter en conta a aposta, algúns valentes (non moitos, en realidade só os rapaces de Jerez, Álex e eu) decidimos probar que se sentía ao saltar ao baleiro dende a ponte, e aló fomos. Eu nunca saltara á auga dende unha altura tan grande, e a verdade é que foi unha sensación marabillosa de adrenalina total. Como dixo un dos andaluces, "até da tempo a pensar na caída".
Foi o que completou un día pragado de aventura.

Recomendados polos monitores, unha vez deixadas atrás as instalacións da empresa de aventuras, paramos no bar Casa Dios para probar o bocadillo de xamón asado con queixo, unha verdadeira delicia que desfrutamos mentres íamos deixando atrás Padrón, de regreso a casa.
A experiencia foi marabillosa, eu xa fixera rafting un par de veces a través do Concello de Cabanas, pero claro, hai tantos anos que xa non me lembraba.

Sobre o prezo: 30 euros, a verdade é que moi ben (case todos oscilan entre os 30-35 euros). Pero esta empresa, ademais, leva unha cámara dixital acuática que saca fotos a ráfagas. Ao chegar de volta, danche un cd coas fotos que sacan durante toda a viaxe (unhas 600), o que é de agradecer.



Visualizar o mapa ampliado


Galiza Nova Cabanas, en colaboración cos compañeiros e compañeiras de Pontedeume, organiza o venres 26 de decembro ás 20:00 horas no bar “El Griego de Pontedeume o I Campionato de Futbolín “Unha Nación, unha selección!”.

O motivo deste campionato é ben sinxelo, non é outro que o de reclamarmos o dereito para que a selección da nosa nación, Galiza, poida competir a nível internacional, é dicir, nas competicións que organiza a FIFA, nin máis nin menos do que outras seleccións de nacións e rexións sen Estado, coma Gales, Escocia ou as Illas Féroe. Máis aínda, cando a imposibilidade xurídica non é insalvábel. A FIFA admitirá á nosa selección só con que a Federación Española de Fútbol levante o veto á participación das seleccións das nacións que hoxe configuran o Estado nas súas competicións.

Deste xeito, só unha decisión federativa da RFEF, nada máis (e nada menos) separa á nosa selección de competir no mundo, mais tamén nos separan os rexos mecanismos centralistas que o Estado Español engraxa cada día.

Por iso, e para visibilizar a nosa posición que mellor que facelo dunha forma lúdica e cun invento galego: o futbolín, do gran Alexandre de Fisterra.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Pode participar calquera persoa que así o desexar, sen límite de idade. Alén diso, a composición das parellas é libre, é dicir, os membros poderán ser dun mesmo sexo ou mixtas.

COMO ANOTAR A MIÑA PARELLA?

Podes anotar a túa parella mandando un correo electrónico ás seguintes direccións:

galizanovacabanas@gmail.com ou gznovapontedeume@gmail.com

onde deben constar os seguintes datos:

- Nome e Apelidos de cada membro da parella

- Un número de teléfono

- Unha dirección de correo electrónico

Tamén podes anotar a túa parella chamando a un dos seguintes teléfonos:

690 384 294 ou 654 666 558.

Os 2 euros que custa a inscrición será entregada o mesmo día do Campionato.

QUE PREMIOS HAI?

1º Premio:

1 trofeo acreditativo de seren os vencedores do Campionato

2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor

2 camisolas

2º Premio:

2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor

2 camisolas

3º Premio:

2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor

2 fundas “Galiza” para o móbil

Alén diso, haberá un agasallo para todos os participantes.

Maila a boa pinta que me tivo, o ano pasado non fun quen de disfrutar dalgunha das opcións que ofreceu o Outono Gastronómico, organizado pola Dirección Xeral de Turismo, dependente da Consellaría de Innovación e Industria.

E este ano, xa se presentou unha nova edicción deste evento, que terá lugar entre o 15 de setembro e o 15 de decembro (só válido os venres, sábados e domingos), e no que participan máis de 70 casas de turismo rural repartidas por toda Galiza.

En cada casa, ofrecerase un menú diferente, exclusivamente concibido para a ocasión. A oferta do Menú Outono Gastronómico inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños ou outras bebidas por un prezo globar de 25 €/persoa, xa incluído o ive.

Pero, ademaisdo menú, pódese obtar polo Paquete Outono Gastronómico que, a parte de permitir disfrutar do menú, inclúe percnoctación na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte.

O paquete para dúas persoas inclúe: 2 "menús outono gastronómico"+ 1 noite en cuarto dobre na casa de turismo rural elixida + 2 almorzos: 100 € / 2 persoas (ive incluído).

O paquete para unha persoa inclúe: 1 "menú outono gastronómico" + 1 noite en cuarto individual na casa de turismo rural elixida + 1 almorzo: 60 €/ 1 persoa (ive incluído).

Dende a organización do Outono Gastronómico aportan o valor engadido de coñecer os Pazos de Galiza, a historia das Casas Grandes e das Casas Reitoriais, a exquisita atención das Casas de Aldea, a tranquilidade das Casas de Labranza...

Para ver os menús, vai aquí

Estes días post-exames están a ser un pouco unha mixtura entre obrigacións políticas e algo de lecer: entrevistas, reunións, paseos en calma, horas de navegación...

Pero hoxe é a quenda das políticas de lecer, xa que nos achegaremos até o Coliseum de A Coruña para desfrutar da actuación de Amaral, na presentación do seu álbume Gato negro, dragón rojo. Agardemos que den tanta festa como co anterior álbume!





Arrinca o Festigal 2008!

Música, debate, cinema, cultura, tendencias... todo iso no Campus Sur da Universidade de Santiago.

Máis info en www.festigal.com

Nunca tal se viu!!

Naturalmente Galiza é un progama ambiental de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios de sendeirismo de dificultade media, rutas en kaiak e en bicicleta, actividades de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.

Cales son os obxectivos do programa?

O Obxectivo é fomentar o coidade do medio ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza.

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Cantas persoas poden acudir a cada actividade?

O número de prazas está limitado a 22 persoas por actividade.

Vale... pero canto custa?

A cota de inscrición é de 30 euros, pero se dispós do Carné Xove ou do Carné Máis obterás un 25% de desconto.

Os prezos xa inclúen aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, actividades con monitores - guía, seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Non se inclúe o desprazamento de ida nin de volta entre o ponto de partida e o lugar onde se desenvolve a actividade.

E que teño que facer para apuntarme?

As preinscricións poderanse facer, até cubri-las prazas na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade persoalmente, ou chamando aos teléfonos 981.545.702, 981.545.937, 981.544.869, en horario de 09.00 a 14.00h. Unha vez reservada a praza, deberedes efectua-lo pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas. Recibiredes información sobre como facelo no mento de efectuares a reserva da praza.

Que documentos preciso?

- Fotocopia do Documento de Identidade.

- Xustificante do pagamento.

- Fotocopia do Carné Xove/Máis se procede.

*Non se consideraráconfirmado ningún participante ao que lle falte algunha documentación da que se menciona anteriormente.

Outra información de interese:

1.-De non realizardes o pagamento da cota no prazo máxumo de 48 horas, a Dirección Xeral de Xuventude disporá da praza reservada.

2.-Só se procederá á devolución da cota cando, por causas non imputábeis ao interesado, o servizo non se preste ou cando a administración anule a actividade.

Guías cos roteiros e toda a información:

Versión pdf para descargar (son 12 megas aprox.)

Versión para visionar en liña

Se hai un carné universal para tódolos mozos e mozas de Europa, este é sen dúbida o carné xove, ese documento co que os xoves europeos de entre 12 e 25 anos podemos obter descontos en tendas, transportes e outros servizos.

Na XXIII Asemblea Xeral da Asociación Europea de Carné Xove (EYCA), celebrada en outubro de 2007 en Barcelona, acordouse incrementa-la idade límite até os 30 anos, sen que isto supoña un cambio nas condicións de descontos. O que sí supón é a desaparición do Carné Máis, orientado a xoves entre 26-30 anos, ao quedar suplidas as súas condicións coa ampliación do novo carné xove.

E... xa que estamos a falar do carné xove, dicir que a EYCA está a facer unha enquisa sobre este documento, coa que se entrará nun sorteo dunha fin de semana nunha casa rural en Galiza e/ou nunha viaxe a Europa. Podédela facer
clicando aquí (non é necesario posuí-lo citado carné xove.

Recordarvos que podedes obter o carné xove nas oficinas de xuventude dos sete campus universitarios galegos, en moitas oficinas de Caixa Galicia, nos concellos e nas casas da xuventude.