Expandir contido

From I to J na Coruña

Hai uns días tíven a oportunidade de achegarme con Luís até o edificio da antigo Cárcere Provincial de A Coruña, para visitar a exposición 'From I to J', unha homenaxe da cineasta Isabel Coixet á obra 'From A to X' do crítico, pintor e escritor John Berger.

Segundo entrei no edificio, sentín un arrepío extrano ao pensar nos centos de historias que agochan os muros da prisión que serviu de escenario da represión franquista. Isto complementouse con parte da exposición permanente, na que se recollen cartas testemuña das últimas palabras de moitos fusilados.

A exposición de Coixet visítase entrando en diferentes celdas, cada unha coa súa historia. Durante a visita, puiden sacar algunha foto como a que vai ao pé destas liñas. Mais a galería completa de imaxes podédela ver clicando aquí.



One Response so far.

  1. Henrique says:

    é como entrar nos edificios da illa de San Simón, deixa unha sensación moi estrana no corpo, moi dura