Expandir contido

Pequena contribución

Síntome realizado. Acabo de contribuír a facer de internet un lugar máis útil e interesante cunha pequena aportación de material fotográfico.

Non é que eu sexa un grande fotógrafo, que xa quixera. O que fixen foi darlle uso á miña conta de Panoramio, xa sabedes, o espazo de Google adicado a que as e os usuarios podiamos subir as nosas fotos e situalas nun mapa, que logo aparecerán no Google Maps e no Google Earth.

A miña modesta contribución suma imaxes das Illes Cíes (hai que dicir que algunhas bastante boas), de Cabanas (poucas imaxes situaba Google na actualidade...), do encoro do Eume, de Redes e da ría e porto exterior de Ferrol.

Haberá que agardar canto tarda Google en facelas visíbeis nos seus mapas! Mentres tanto, podedes velas na miña conta Panoramio.

[Ligazón]: As miñas fotos en Panoramio

One Response so far.

  1. Anónimo says:

    Vaia fotos companheiro,! que pasada !, pois ben, eu quédome ca do caminho de ferro,so pola canzón de Andrés do Barro, O TREN , unha aperta e vémonos, saúde e que vaia ben,

    dende a bocanda da ría