Imaxinas que o teu teléfono fixo sexa móbil?
Na semana anterior a semana santa participei no IX Foro Tecnolóxico celebrado na Universidade de Vigo, no que participaron diversas empresar relacionados coas titulacións de enxeñaría de minas, industriais e telecomunicacións.
Entre as empresas participantes nas conferencias estaba a galega de telecomunicacións R. Faláronnos do que traían entre mans, entre o que destaca a decidida aposta pola telefonía móbil que lanzaron hai un ano ou un tema que está a dar moito que falar nos últimos tempos: a converxencia fixo-móbil.
Na actualidade, R xa está a prestar este novidoso servizo para a súa carteira de clientes de empresas, mais teñen a intención de dar o paso para ofrecelo tamén ás e aos clientes particulares: poder levar o fixo a onde queiras e falar polo mesmo prezo que pagarías dende a casa.
Isto baséase na aposta do operador galego pola rede NGN (siglas en inglés de Next Generation Network), que non é outra cousa que unha rede IP con calidade de servizo garantida, con mobilidade que permite a converxencia de servizos e aplicacións.
O único que se precisa é un terminal (pode ser un PC, portátil ou un móbil) con acceso a Internet; o resto funciona como unha conta de correo: entras co teu nome de usuario e podes chamar! Pero o mellor é que se te conectas a través dunha rede pública WIFI (é habitual que hoxe en día os hoteis, as estacións de transporte, universidades, bares e restaurantes, centros comerciais, etc conten con acceso a internet de balde a través de WIFI) aforras incluso o custo da conexión a Internet.
Dende logo, é o futuro. E da gusto que sexa unha empresa galega unha das máis punteira en canto a servizos. Parabéns.
[Apunte]: Parte da información foi sacada do blogue de R, Que che parece?

Publicar un comentario