O agradábel das sorpresas
Recoñezo que me encantan as sorpresas e, máxime, cando cadran máis dunha seguidas.
Aproveitando que o vindeiro 6 de maio é o meu aniversario, Carmen argallou todo para prepararme unha caralluda festa sorpresa que tivo lugar o pasado venres á noite. Eu, parviño de min, non me di nin conta (diantres! senón non sería sorpresa!) dos posíbeis "pontos febles" do plan para sorprenderme. E conseguiuno, ela e demais convidados.
Cando parecía que todo rematara, inda quedaba unha segunda sorpresa para o sábado pola tarde. Pode haber mellor celebración? Coido que non, doume por satisfeito :)

Publicar un comentario