





Hei de dicir que o programa que se escoita en antena é bastante malo en comparación co que se vive no backstage. De feito, a maior parte do tempo, a 'actuación' foi para o auditorio e non en antena, onde o tempo corría coas cancións (que obviamente nós non escoitábamos) e publicidade.
Déixovos con algúns dos momentos do programa:
Vídeo 1: Parodia de Dani Diges en Eurovisión (con Jimmy Jump e John Cobra incluídos).
Vídeo 2: Parodia da Duquesa de Alba bailando como Michael Jackson

Xusto neses días, habilitouse o rexistro na nova Rede Social da UVigo (http://redesocial.uvigo.es), que pretende ser un espazo para a comunidade de universitaria, no que compartir e afondar en cuestións relacionadas (ou non) co ámbito académico, sendo esta a última (polo de agora) rede social na que teño perfil.
Mais, volvendo ao estudo do CCG, as opinións dos presentes eran bastante do estilo 'non valen para moito', 'son unha perda de tempo'... opinións que non comparto e que creo teñen moito que ver con esa demonización que os medios tradicionais (prensa, televisión...) fan das redes sociais e, en xeral, de Internet.
Déixovos un vídeo, vía @durdengarci
Entre os relatores deste ano estivo Valentim Rodrigues Fagim, Presidente da AGAL, que quixo manter unha entrevista comigo despois das Xeiras. Velahí vai:
Iago Varela: «Por quê nom conhecemos quase nada do mundo lusófono, se temos tanto em comum?»
«Nem o ILG nem a RAG se prestárom a participar [nas Xeiras], alegando que 'só existe umha normativa e que nom havia nada que falar'»
Valentim R. Fagim - Entre os dias 9 e 12 de março desenvolvêrom-se as II Xeiras sobre a Lingua Galega, organizadas polos Comités da Universidade de Vigo. Fum convidado a participar numha mesa redonda sobre a questom normativa com a professora Pilar Garcia Negro.
Agora é o momento de devolver esse amável convite entrevistando um dos organizadores, Iago Varela Martínez, estudante de Engenharia de Telecomunicaçom.
Valentim R. Fagim: Esta foi a segunda ediçom das Jornadas que tivo um enorme êxito relativamente ao número de pessoas inscritas.
Iago Varela: Verdadeiramente esta II ediçom das Xeiras foi todo um êxito quanto à participaçom e ao interesse que gerárom. Tivemos um total de 235 inscritos (mais do dobre que o ano passado) e umha lista de espera de mais de 50 pessoas. Ademais, consta-nos que mais de 300 pessoas seguírom a evoluçom das mesmas via Internet.
VRF: Qual eram as linhas temáticas das Jornadas?
IV: Basicamente tivemos 9 linhas: Galego e Internet, ensino, música, humor, normativas, plataformas pró-galego, público infantil, ensaio e política.
Todas elas fôrom temáticas novas, é dizer, nom contempladas na primeira ediçom. Além disso, cumpre assinalar que esta selecçom nom foi casual, mas quigemos misturar temáticas lúdicas com outras mais sérias, com o fim de fazer umhas jornadas muito mais amenas.
VRF: Qual das atividades destacarias pola sua boa recepçom? Qual foi o sentir geral dos participantes a respeito das Jornadas?
IV: Com bastante diferença, a actividade mais valorizada foi a actuaçom do conta-contos Celso Fernández Sanmartín, que soubo manter a atençom de todo o público e tirar-lhe umhas boas risadas, seguida da palestra-actuaçom dos históricos Mini e Mero.
Mas em geral, todas as mesas fôrom mui bem valorizadas. De facto, na última jornada figemos umha enquisa de satisfaçom e a nota média das mesmas é dum 8.1
VRF: Nom é muito frequente existirem debates públicos sobre a questom normativa que afinal, sabemos, é muito mais do que Filologia. Como surgiu a ideia? Como se desenvolveu?
IV: Precisamente, a pouca atençom que se presta a esta questom foi o que nos levou a fazê-la. Cremos que nom tem que ser um tema tabu, antes ao contrário: o nosso objectivo com esta palestra era pôr riba da mesa as potencialidades das diferentes normativas. Depois cada quem que escolha o que prefira.
Cremos que foi todo um acerto, mas cumpre dizer que nom foi doado conseguir alguém da linha oficial. Nem o ILG nem a RAG se prestárom a participar, alegando que 'só existe umha normativa e que nom havia nada que falar'. Nom podo negar que nos surpreendeu estas atitudes tam pouco construtivas.
VRF: Tés a sensaçom de que o público presente na mesa redonda tem agora umha visom mais ampla da estratégia luso-brasileira para a nossa língua?
IV: Com certeza que sim. Neste sentido tenho-te que parabenizar, já que em grande parte a tua apresentaçom serviu para abrir os olhos e fazer-nos cavilar: por quê nom conhecemos quase nada do mundo lusófono, se temos tanto em comum?
Tenho que reconhecer que eu mesmo, usuário da linha oficial, tenho após esta mesa umha visom muito mais esclaredida e positiva da estrategia luso-brasileira.
VRF: Os Comités é um entidade estudantil que está a recuperar a sua presença pública depois de anos de recuo. Que tem possibilitado isto?
IV: Os Comités lutamos por um ensino que seja público, democrático, galego e de qualidade. Com a nossa presença nos órgaos de governo estamos a conseguir melhorias substanciais para o estudantado galego.
Por pormos um exemplo, neste curso grande parte do nosso trabalho estivo focalizado na modificaçom dos Estatutos da Universidade de Vigo para adaptá-los às exigências da LOU. Neste sentido, graças a nós a Universidade de Vigo conta hoje com um texto muito mais ambicioso em matéria lingüística.
Isto sem esquecer outras reivindicaçons históricas, como o transporte, residências ou a luta contra as taxas académicas.
VRF: Que projetos se alviscam no presente ano?
IV: Agora mesmo, estamos começando a preparar as eleiçons, que teremos o vindoiro 20 de Maio. Mas isso nom nos aparta de outros projectos pendentes como algum concerto e outras cousas que ainda nom podo adiantar...
VRF: Qual a presença da nossa língua na Universidade de Vigo, entre estudantes, PAS e docentes?
IV: A presença do galego a título individual é aceitável, mas nom como idioma de uso normal. De facto, a docência em galego situa-se na UVigo arredor dos 16%, percentagem que se vê muito mais mermada nas titulaçons técnicas, onde nom chega nem aos 5%.
Estas percentagens chocam bastante com os relatórios que situam o galego como língua habitual de 35% da mocidade, o que nos levou a fazer umha campanha com a qual, baixo o lema 'Na defensa do galego, nin un paso atrás', estamos a denunciar esta situaçom.
VRF: Todo o debate em volta do decreto está a ter ecos entre o estudantado?
IV: Claro que está. O estudantado nom está a ficar calado ante os graves ataques que a Junta da Galiza está a ter em contra da nossa língua, de facto demonstrou-se com o seguimento da jornada de greve que tivemos no dia 21 de Janeiro, que foi em massa.
VRF: Na hora de consultar bibliografia básica, existe a hipótese nas bibliotecas universitárias de aceder às versons em português?
IV: Nom, existem mui poucos títulos das bibliografias que tenham versom em português.. Realmente, torna-se raro atopar versons idiomáticas diferentes à original nas estantes da biblioteca e, as que existem, som todas em castelhano.
VRF: Pode-se estudar na nossa língua na Universidade de Vigo?
IV: A dia de hoje, nom. Aguardamos que pouco a pouco vaiamos tomando consciência de que a Universidade tem que dar uso à nossa língua em todos os ámbitos. Tem que ser exemplo, visibilizar que a nossa língua, como qualquer outra, vale para a investigaçom, para falar de modernidade... nom é só umha questom cultural.
VRF: Algumha reflexom final ou comentário pessoal?
IV: Obrigado por poder contar com a tua presença nas Xeiras e por esta conversa.
[Ligazón á fonte orixinal]: Entrevista no P.G. da Língua

Sucedeu que nese momento andaba medio ocupado nos meus quefaceres e só fixen unha visita rápida á web que, todo hai que dicilo, deume moi boa impresión. Gústame a combinación de cores, a distribución de contidos ou a inclusión de contidos audiovisuais, que destaca en comparación coa web da UPG, que se actualiza con ben pouca regularidade.
Mais esta noite, en vista dun insomio importante, decidín adicarlle uns minutos a repasar os contidos da revista dixital e teño que dicir que a miña impresión mellorou inda máis. Nela atopei artigos ben interesantes, como o do compañeiro Marcos Loureiro, titulado A nosa historia facémola nós, ou A Cultura ensimesmada, de Ana Pontón.
E entre as imaxes, esta, do 12 de agosto do 2009 en Ferrol, na homenaxe a Reboiras

Pensei que o xornalismo rancio e noxento da dereita española non podía ir a máis. Pero non, estaba errado. Hoxe La Razón ten unha portada das que tamén fan historia: "Conjuro contra el castellano en Galicia"

se vistes meu amigo!
Xeralmente o feito de recoller as cousas, de pensar e repensar que non deixo nada de importancia na casa, leva parello certo aceno de tristura, xa que volver á cidade olívica e sinónimo de rutina Vigo - CUVI - Vigo (inda que tamén doutros moitos aspectos positivos, todo hai que dicilo). A aldea, pola contra, é sinónimo de tranquilidade.
Mais esta vez, teño especiais gañas de voltar, non por facelo a Vigo, senón polo que conleva.
Non pretendo con esta anotación facer unha listaxe de todas esas cousas, nin moito menos, xa que sen que o puidera evitar, sempre habería algún feito que ficase no esquecemento temporal, non por menos importante, senón porque non se pode ter todos os datos á

Os primeiros días do 2009 foron protagonizados or unha tristura compartida co pobo Palestiniano ante os reiterados bombardeos de Israel que deixaron centenares de mortos inocentes.

Febreiro viu marcado pola cita electoral do 1 de marzo, que condicionou totalmente a actividade e roubou un gran número de horas que doutro xeito estarían adicadas ao lecer. Mais, maila os resultados finais, coido que o esforzo pagou a pena. Agora estamos a ver as consecuencias de todo o que pasou a partires desa data.
En abril, concretamente durante a semana santa, chegou a primeira escapada. Tras as dúas experiencias anteriores a través de e
Pero nesa semana santa tamén houbo tempo para o sendeirismo polas Fragas do Eume, ese espazo natural que teño a escasos minutos da casa e que sempre me descubre novas paraxes e lugares dunha beleza superlativa.
Maio resúmese cunha palabra: SORPRESA. A que argallou Carmen polo meu aniversario. Canto esforzo e traballo detrás! E que felicidade descubrir o enredo, a verdade un dos momentos máis especiais do ano.
Maio foi tamén mes de graduacións, experiencias festivas pola cidade de A Coruña, e preámbulo do xuño de exames.
En xullo chegou a ansiada viaxe a Catalunya que durante tanto e tanto tempo organizamos. Unha viaxe que quedará na lembranza polo ben que o pasamos primeiro por Port Aventura e logo en Barcelona. Mais tamén quedará no recordo polos infinitas xornadas maratonianas que nos marcamos para ver o imposíbel nos días pola capital catalá :)
Quizáis un dos momentos máis emocionantes da estancia - logo da experiencia acelerativa do Furious Baco - fose a viaxe en helicóptero sobrevoando a cidade. 10 minutos dunhas vistas xeniais.
Logo virían xornadas festivas en Galiza, como o Festigal ou diferentes noites de sábado...
Setembro trouxo a visita da familia catalá e, con ela, o discubrimento de zonas de interese da comarca, como a fervenza do Belelle, que xa comentaba neste blogue.
O outono estivo marcado por unha viaxe a Picos de Europa, á zona de Potes, onde fixemos unha rota de sendeirismo máis que aconsellábel por fermosura e dificultade moderada.
Pero tamén, a chegada do novo curso trouxo consigo un paso máis en convivencia, repetíronse ceas con amigas e amigos, festas varias, algún que outro concerto... neste sentido, o Porrón foi un dos lugares emblemáticos das noites viguesas...
En definitiva, o 2009 estivo pragado de bos momentos, de descubrimentos de xente e afianzamento de novas amizades. De sorpresas, de novidades no xeito de vida, ... en fin, de centos e centos de cousas que desexaría non remataran nunca.
O 2010 apreséntase nesa mesma liña. Como obxetivos a seguir márcome, alén dos académicos, continuar afondando no camiño aberto no 2009, metendo os céntimos na caixa do 'diñeiro negro', planificando roteiros por toda Galiza para coñecer a fondo os nosos espazos naturais, potenciando Mallando, relendo O Señor dos Aneis, seguir afianzando amizades, descubrir novos intereses... e un longo etcétera.
Amigas, amigos... que os vosos propósitos para o 2010 se fagan realidade. Sede felices e bo aninovo.
Esta nosa primeira puntocom pretende dar saída a cuestións dun ámbito se cadra máis técnico dos que afondamos en cada un dos nosos blogues persoais e que fan medrar a nosa curiosidade e interese.
Quizais vos estades preguntando polo nome do blogue, por que Mallando na e-ira?
A primeira parte do nome vén de algo tan propio, tan tradicional, como A malla. Non só a malla como o feito de bater nun cereal para separar a semente da palla, senón como eses momento de vivencia en grupo, relacións interpersoais asociadas ao traballo.

Agardamos que este novo espazo sexa do voso interese, así que xa sabedes, dádelle á malla!!