De redes sociais
Hai uns días participei cun grupo de compañeiras e compañeiros universitarios da UVigo nun estudo sobre hábitos culturais que está a facer o Consello da Cultura Galega e, entre as temáticas que se analizaron estaba a influencia das redes sociais.
Xusto neses días, habilitouse o rexistro na nova Rede Social da UVigo (http://redesocial.uvigo.es), que pretende ser un espazo para a comunidade de universitaria, no que compartir e afondar en cuestións relacionadas (ou non) co ámbito académico, sendo esta a última (polo de agora) rede social na que teño perfil.
Mais, volvendo ao estudo do CCG, as opinións dos presentes eran bastante do estilo 'non valen para moito', 'son unha perda de tempo'... opinións que non comparto e que creo teñen moito que ver con esa demonización que os medios tradicionais (prensa, televisión...) fan das redes sociais e, en xeral, de Internet.

Se ben é certo que un mal uso das mesmas pode acarrear problemas, usadas 'con cabeciña' son unha ferramenta caralluda de coñecemento, difusión e organización.
Déixovos un vídeo, vía @durdengarci
Déixovos un vídeo, vía @durdengarci
Publicar un comentario