Expandir contido

Terra e tempo dixital

Hai uns días recibín un correo do compañeiro Paco convidándome a visitar a recén estreada edición dixital do Terra e tempo, a revista de pensamento nacionalista editada pola Fundación Bautista Álvarez.

Sucedeu que nese momento andaba medio ocupado nos meus quefaceres e só fixen unha visita rápida á web que, todo hai que dicilo, deume moi boa impresión. Gústame a combinación de cores, a distribución de contidos ou a inclusión de contidos audiovisuais, que destaca en comparación coa web da UPG, que se actualiza con ben pouca regularidade.

Mais esta noite, en vista dun insomio importante, decidín adicarlle uns minutos a repasar os contidos da revista dixital e teño que dicir que a miña impresión mellorou inda máis. Nela atopei artigos ben interesantes, como o do compañeiro Marcos Loureiro, titulado A nosa historia facémola nós, ou A Cultura ensimesmada, de Ana Pontón.

E entre as imaxes, esta, do 12 de agosto do 2009 en Ferrol, na homenaxe a Reboiras