Realmente compensa a permanencia?
O modelo de negocio da telefonía móbil española segue a darlle moita importancia á subvención de terminais a cambio do denominado "compromiso de permanencia", é dicir a amarrarte á compañía durante X tempo cun consumo de Y euros.
Recoñezo que eu tamén teño caído nesas "ofertas" hai uns anos, pero a día de hoxe non me pillan. Prefiro ter o móbil que eu quero e coa compañía que me pete. As diferenzas económicas? Poucas, veredes.
Buaa, conseguín o iPhone 4 por 29 €!
Letra pequena: A cambio de facer cambio de compañía e un contrato de permanencia de 18 meses cun consumo de 30 € ao mes. Pero é o iPhone, neno!
Poñamos por caso o iPhone 4 de 16 GB, que está agora de moda. Pero podería ser calquera outro. Ademais fago a oferta considerando alta nova e modalidade de tarifa única (mesmo prezo a calquera destino, de existir):
Movistar: 379 € teléfono + (18 meses * (9 € voz + 15 € datos)) = 811 €
Vodafone: 329 € teléfono + (18 meses * (9 € voz + 15 € datos)) = 761 €
Orange: 369 € teléfono + (18 meses * (20 € voz/datos, voz só de 18-8h) = 729 €
O prezo por minuto é de 30 ou 3 cént/min para Movistar (30 para chamar a outras compañías, 3 para chamar a Movistar), 11,9 cént/min para Vodafone, 19 cént/min fóra do horario para Orange. As sms sempre a 15 cént.
O prezo do teléfono libre é de 599 €.
Con Simyo, 599 € + (18 meses x 6,99 € (voz + 300 MB gratis)) = 724, 82 €.
Inda por riba, con chamadas a 5 cént/min a calquera destino e sms a 9 cént.
Vós diredes.
Publicar un comentario