Así nos ve España
Onte xa flipei co titular con que 'Libertad Digital' falaba da histórica manifestación que houbo onte en Santiago de Compostela para tratar de parar o Decretazo trilingüe de Feijóo: El BNG amedrenta alumnos y profesores para que vayan a una huelga antiespañol.
Pensei que o xornalismo rancio e noxento da dereita española non podía ir a máis. Pero non, estaba errado. Hoxe La Razón ten unha portada das que tamén fan historia: "Conjuro contra el castellano en Galicia"

En fin, eu prefiro quedarme coa capa a dobre páxina de Xornal. E é que unha imaxe descritiva vale máis ca mil palabras
Hombre claro, cada uno se va al periodico que mejro le cobija, no te digo...
O xornalismo ten a capacidade de manipular a información, xa non digo a verdade que é moi distinta, con lexitimidade, segundo quen a mire.
Os xornalistas manipulan a información segundo lles conveña e por iso clasificamos constantemente aos xornais: de dereitas, de esquerdas.
E é que non é o mesmo poñer en portada unha foto da queima da bandeira, que a Catedral a dobre páxina, nin o Obradoiro medio cheo ou a reventar, non é o mesmo poñer o titular sen foto que con ela, nin arriba ou enbaixo da páxina... todo está moi estudado.
É política, pero da sucia, non aquela do 'politicon anzropon zoon'.