Expandir contido

Ondas do mar de Vigo...

Ondas do mar de Vigo
se vistes meu amigo!


É automático. Cada vez que, despois dunha tempada na casa, fago a maleta para voltar á vida en Vigo, o meu subconsciente viaxa até a archicoñecida cantiga de Martín Codax, Ondas do mar de Vigo.

Xeralmente o feito de recoller as cousas, de pensar e repensar que non deixo nada de importancia na casa, leva parello certo aceno de tristura, xa que volver á cidade olívica e sinónimo de rutina Vigo - CUVI - Vigo (inda que tamén doutros moitos aspectos positivos, todo hai que dicilo). A aldea, pola contra, é sinónimo de tranquilidade.

Mais esta vez, teño especiais gañas de voltar, non por facelo a Vigo, senón polo que conleva.