Fóra pel de cordeiro, por Suso de Toro
Déixovos con este artigo de Suso de Toro, Fóra pel de cordeiro, publicado onte no diario El País.
Fóra a oferte de Alberto Núñez Feijóo de gobernar asépticamente a Xunta como se fose unha empresa sen ideoloxía: era máscara. E fóra a pel de codeiro que suxería templanza: era trola. O artigo do domingo pasado "Para quen traballan?" remataba: Non hai transición, hai ruptura. Esta semana Núñez Feij´´o confirmouno desvelando todos os velos en Madrid, onde se non, e ante o micrófono da Cope, onde se non.
Os galegofalantes, os únicos bilingües aquí, son unha rémota. Tanta utopía e tanto roio! Deixoinos ao coidade do conselleiro Agustín Hernández e foise a Madrid, alí rindeu contas a Federico Jiménez Losantos e Pedro José Ramírez do que faría con eses Audo que lles obsesionan. Cando un deles preguntoulle "que necesidade ten Galiza dunha televisión pública, é que non hai televisións privadas que reflexen o pluralismo da sociedade galega?" abundando na súa desexábel privatización, o presidente da Xunta, inda que lembrou de forma ambigua que se creou para promover a cultura e lingua galegas, considerou "procedente" a privatización e unha "proposición razoábel" que haberá que discutir, inda que non se pon a ilo de forma inmediata. Cumpliu aló o ariete contra a becha do nacionalismo madrileño: Catalunya! O goberno dos galegos vai ser empregado como un arma na lucha partidista, un instrumento do espñolismo centralista. En canto ao maná prometido do imposto de sucesións, verase. Sobrevoaron insinuacións de tirarlle unha casa ao ministro de Fomento, José Blanco, ao que Federico e Pedrito se dirixen coma Pepiño. Debemos chamar ao presidente aló presente Albertito?

Ao fin chegaron á ferida. A xenofobia contra a nosa identidade, as denuncias dos oíntes desa emisora contra a nosa lingua: o galego, lingua cruel, oprime aos perseguidos monolingües en castelán e pídenlle ao presidente que tome medidas. E el, aló, ante aquel micrófono de onde manan a diario chamadas á convivencia, a democracia e as boas maneiras, ante eses xornalistas buscadores de verdades, coñecedores da realidade galega e preocupados polo porvir dos nosos fillos, declarou que vai rematar con tal imposición e opresión. Vai abrir o melón, a caixa de Pandora e o que haxa que abrir se é preciso trocear, que trae coitelo e Baltar pon o afiador. A autonomía xa non vai facer unha política para garantir a existencia da lingua galega. Caso de que algunha vez houbese tal cousa, iso rematou. Núñez Feijóo implantará a liberdade do mercado lingüístico. Preguntarase aos pais, aos fillos, aos avós, aos profesores, faranse enquisas, menús á carta. Os nenos votarán qué tipo de historia, de matemáticas e de física queren. Evolucionismo ou creacionismo, como en Texas? Cada un fará o que queira, non haberá normas. Feijóo suprimirá as leis da autonomía, iso garantirá o triunfo do monopolio lingüístico. Os galegofalantas, os únicos bilingües aquí son unha rémora. Tanta autonomía, tanta Galiza e tanto roio! Os nenos galegos, os seus pais e nais, queren ser monolingües, queren ser casteláns, madrileños, rioxanos (os nenos non saben inglés por culpa do galego).
O único que garantía un espazo lingüístico para os galegofalantes eran as políticas emanadas da autonomía, pera a televisión galega xa veremos e a educación está claro. O paternalismo de Fraga tolerou que se extinguise a lingua galega con tranquilidade, sen empurrar. Feijóo e os seus donos, os ideólogos da caverna madriñela, traen présa, que sexa rápida a cousa. Sen anestesias, con dor.
Núñez Feijóo confesouse na Cope e mostrou o seu rostro radical. O mesmo feito de acudir aló e non acó, a contar o que planea demostra o seu profundo desprezo a Galiza e ás súas institucións. O novo presidente da Xunta non anuncia os seus plans no Parlamento, ante os nosos represetantes, senón que escolle unha emisora de radio, e nen sequera de dirixe á sociedade a través dos medios de comunicación galegos, senón que da conta nun medio madrileño a dous xornalistas de ideoloxía marcadamente partidista. Non hai dúbida de que quen está ocupando a presidencia da Xunta non respecta o cargo, estáo destruíndo.

Feijóo, como Aznar, non ten complexos: nosa autonomía é un estorbo, causa problemas. Acabemos con ela e volvamos a aquel pasado, o plácido franquismo de Mayor Oreja, o candidato ao Parlamento Europeu do seu partido, añora nostálxico. Volven, máis ca nunca.
Publicar un comentario