Expandir contido

Anótate no I Campionato de Futbolín "Unha Nación Unha Selección!"



Galiza Nova Cabanas, en colaboración cos compañeiros e compañeiras de Pontedeume, organiza o venres 26 de decembro ás 20:00 horas no bar “El Griego de Pontedeume o I Campionato de Futbolín “Unha Nación, unha selección!”.

O motivo deste campionato é ben sinxelo, non é outro que o de reclamarmos o dereito para que a selección da nosa nación, Galiza, poida competir a nível internacional, é dicir, nas competicións que organiza a FIFA, nin máis nin menos do que outras seleccións de nacións e rexións sen Estado, coma Gales, Escocia ou as Illas Féroe. Máis aínda, cando a imposibilidade xurídica non é insalvábel. A FIFA admitirá á nosa selección só con que a Federación Española de Fútbol levante o veto á participación das seleccións das nacións que hoxe configuran o Estado nas súas competicións.

Deste xeito, só unha decisión federativa da RFEF, nada máis (e nada menos) separa á nosa selección de competir no mundo, mais tamén nos separan os rexos mecanismos centralistas que o Estado Español engraxa cada día.

Por iso, e para visibilizar a nosa posición que mellor que facelo dunha forma lúdica e cun invento galego: o futbolín, do gran Alexandre de Fisterra.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Pode participar calquera persoa que así o desexar, sen límite de idade. Alén diso, a composición das parellas é libre, é dicir, os membros poderán ser dun mesmo sexo ou mixtas.

COMO ANOTAR A MIÑA PARELLA?

Podes anotar a túa parella mandando un correo electrónico ás seguintes direccións:

galizanovacabanas@gmail.com ou gznovapontedeume@gmail.com

onde deben constar os seguintes datos:

- Nome e Apelidos de cada membro da parella

- Un número de teléfono

- Unha dirección de correo electrónico

Tamén podes anotar a túa parella chamando a un dos seguintes teléfonos:

690 384 294 ou 654 666 558.

Os 2 euros que custa a inscrición será entregada o mesmo día do Campionato.

QUE PREMIOS HAI?

1º Premio:

1 trofeo acreditativo de seren os vencedores do Campionato

2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor

2 camisolas

2º Premio:

2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor

2 camisolas

3º Premio:

2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor

2 fundas “Galiza” para o móbil

Alén diso, haberá un agasallo para todos os participantes.

One Response so far.

  1. Anónimo says:

    Non ten que ver co futbolin pero deixocho aqui:

    unha pregunta que supoño que ma poderas contestar e que me urxe:


    sabes como editar o deseño visual dos blogs de blogaliza????????
    éque queria reformar o meu e mais teño o acometido de facer o blog de bng de touro e algunha cosa mais. Alomenos como inserir imaxes na cabeceira do blog.

    Sen mais, pasa un bo nadal!!!!