A exposiciónd dos XX anos de Galiza Nova en Narón
Xa vos teño comentado en varias ocasións que este ano Galiza Nova cumpre 20 anos, un período no que traballou en todos os ámbitos pola mellora das condicións de vida das galegas e dos galegos e nomeadamente da xente moza.
Entre as actividades que se están a levar por todo o país destaca a exposición itinerante que conmemora mediante 12 paneis os principais fitos que marcan a historia da organización xuvenil nacionalista nos diferentes eidos.
A exposición estará en Casa da Mocidade de Narón entre os días 26 e 29 de decembro no horario habitual de apertura do centro. Ademais, o venres 26 ás 17.30h terá lugar a inauguración oficial, que contará coa presenza de Pablo Villamar, vicepresidente da Deputación de A Coruña
[Descarga]: Convite
Publicar un comentario