2º outono gastronómico
Maila a boa pinta que me tivo, o ano pasado non fun quen de disfrutar dalgunha das opcións que ofreceu o Outono Gastronómico, organizado pola Dirección Xeral de Turismo, dependente da Consellaría de Innovación e Industria.
E este ano, xa se presentou unha nova edicción deste evento, que terá lugar entre o 15 de setembro e o 15 de decembro (só válido os venres, sábados e domingos), e no que participan máis de 70 casas de turismo rural repartidas por toda Galiza.
En cada casa, ofrecerase un menú diferente, exclusivamente concibido para a ocasión. A oferta do Menú Outono Gastronómico inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños ou outras bebidas por un prezo globar de 25 €/persoa, xa incluído o ive.
Pero, ademaisdo menú, pódese obtar polo Paquete Outono Gastronómico que, a parte de permitir disfrutar do menú, inclúe percnoctación na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte.
O paquete para dúas persoas inclúe: 2 "menús outono gastronómico"+ 1 noite en cuarto dobre na casa de turismo rural elixida + 2 almorzos: 100 € / 2 persoas (ive incluído).
O paquete para unha persoa inclúe: 1 "menú outono gastronómico" + 1 noite en cuarto individual na casa de turismo rural elixida + 1 almorzo: 60 €/ 1 persoa (ive incluído).
Dende a organización do Outono Gastronómico aportan o valor engadido de coñecer os Pazos de Galiza, a historia das Casas Grandes e das Casas Reitoriais, a exquisita atención das Casas de Aldea, a tranquilidade das Casas de Labranza...
Para ver os menús, vai aquí
Que boa pinta ten todo iso.. ñam ñam