Outro estirón de R
E é certo que R ten demostrado a súa competitividade no mercado das telecomunicacións mellorando a calidade das súas conexións a Internet sen que iso repercuta nun aumento do prezo. E unha vez máis, vaino facer.
A partir do 1 de novembro, o cambio nas velocidades (residencial) vai ser o seguinte:
Combo R e Combo 3
6 Mb/600kbps --> 12 Mb/600kbps
Opción 9 Mb/900kbps --> 12 Mb/1 Mb
Combo 2 e Combo 1 con algunha opción de Internet
Opción 3 Mb/300kbps --> 6 Mb/300kbps
Opción 1 Mb/100kbps --> 3 Mb/150kbps
Eses cambios, tendo en conta que non aumentarán o prezo, son moi positivos, mais coido que nos Combos R e 3 deberan eliminar a opción que antes era de 9 Mb, xa que case iguala á que ofrecen no Combo R e 3 "de serie", e que antes era de 6 Mb (lembrade que a opción 9 Mb supuña 5 euros a maiores, sen ive).
Ademais, maila que nas opcións de Internet para os Combos 1 e 2, a velocidade upstream (de suba) non se ve aumentada ou faino de maneira pouco significativa. Nunha sociedada que participa cada vez máis e nInternet aportando cousas, a velocidade mínima de suba debera ser de 300kbps.
Se tedes R, podedes consultar a data a partir da cal veredes aumentada a vosa velocidade aquí.
100 megas
Antes de que remate o ano, R asegura que estará en disposición de ofrecer novos productos, con velocidades de até 100 Mb (non fala de velocidade de suba).
Correo electrónico
Os cambios en R multiplícanse e así adaptan as súas contas de correo até acadar 1 Gb, por outro lado nada sorprendente fronte aos 7 que ofrece Gmail, 5 de Hotmail ou espazo ilimitado de Yahoo. O que sí, cómpre lembrar o servizo de valor engadido do correo de R, o Tochomail, co que se poden enviar arquivos de até 1 Gb sen colapsar o correo de quen o recibe, algo que "os grandes" do correo inda non se plantexa.
Publicar un comentario