Un proxecto transformador, un presidente para a nosa Nación
Un proxecto transformador
O proxecto do Bloque Nacionalista Galego é, sen lugar a dúbidas, un proxecto transformador. Nestes tres anos e medio de cogoberno na Xunta, o BNG demostrou que é capaz de aplicar políticas transformadoras que fagan que o País avance. E é que, o BNG tiña dúas opcións ao chegar ao goberno: seguir a liña pasiva do PP e facer que Galiza continuase na deriva dos 16 anos de fraguismo ou rematar coa rede clientelar que o PP tiña establecido e aplicar políticas realmente transformadoras.
Como era de agardar, o BNG optou pola segunda opción, e está en condicións de dicir, coa cabeza ben alta, que o fixo ben. Se ben é certo que tamén houbo erros, se ben é certo que os cambios poderían ser máis rápidos e profundos... sí. E non. Por que? Pois por aritmética. O BNG non goberna en solitario, é máis, non é a forza maioritaria do goberno galego. Así pois, calquera pode ver, que nestas condicións, o BNG realizaou un traballo merecedor de matrícula de honra.Un presidente para a nosa Nación
Un presidente nacionalista, e por que non? Contra todos os augurios que prognosticaban o peor para Galiza se os nacionalistas chegaban ao goberno, hai feitos. Demostrouse que o BNG é capaz de gobernar, sendo fiel aos seus principios.Cómpre arrimar o ombreiro e traballar por un presidente nacionalista que traballe por unha Galiza mellor, cun novo estatuto de Nación, cun máis benestar, cun desenvolvemento sostíbel, uns servizos acaídos ás necesidades do País, un País Novo. Co BNG, con Quintana, é posíbel.
O vídeo: Unha forza política con alma (QuinTV)
Publicar un comentario