Polo dereito a vivirmos en galego
Despois deste pequeno paréntese sen actualizaren o blogue, volvo á carga cun tema verdadeiramente interesante.
Nestes últimos tempos tense levado a cabo diversas iniciativas provintes de asociacións como "Tan gallego como el gallego" ou "Galicia bilingüe" conra o idioma da nosa nación. Falan de fomenar un "bilingüísmo" na Galiza que só fale castelán, isto é, unha farsa.
Dende A Mesa pola Normalización Lingüística convócase para o domingo 18 de maio, un día despois da xornada adicada ás Letras Galegas unha manifestación que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema Polo dereito a vivirmos en galego. O manifesto completo di o seguinte:
As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:
Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.
Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.
Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.
Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.
Iago, sin ánimo de ofenderte, me gustaría que me ayudases a comprender algo que, la verdad, no logro entender.
La mayor parte del gallego, el catalán, el castellano y cualquier lengua románica tienen orígenes etimológicos idénticos en la mayoría de sus palabras. Estas sólo son diferentes por haber seguido diferentes normas en su evolución aunque su significado y orígenes son comunes a todas las lenguas románicas. (Ej: Filium, fillo, hijo, fill, filho, etc...).
Asimismo, las realidades a las que aluden, sus mundos, son muy similares, y muy bien podría decirse que pocas diferencias hay, en su estilo de vida, entre un gallego y un catalán o un castellano hoy día. De hecho, sinceramente creo (¿y tú?), que hay más diferencias entre un gallego del 2008 y otro de 1908 ó 1958 que entre un gallego y un castellano/catalán/italiano/etc... coetáneos del 2008.
Por otra parte, hay muchas causas dignas de atención como la pobreza, las desigualdades entre seres humanos por su simple razón del nacimiento, las desigualdad de clases (recuerda que tú y yo tenemos internet así que somos de la parte rica de la humanidad) o preocupaciones medioambientales rivalizando por captar tu atención y dedicación en vez de la defensa de una lengua, cualquiera que esta sea.
Sin embargo, tú, honesto cuando te conocí, dedicas tu esfuerzo a la defensa de una lengua, esgrimiéndola con frecuencia, como afirmación de una diferencia total en estilos de vida entre gentes de distintas naciones cuando son las lenguas, precisamente, lo único que hoy día nos diferencia.
Un saludo y me gustaría saber en tu respuesta que opinas de todo esto...
Ben, en primeiro lugar dicir que respecto a túa decisión de permanecer no "anonimato", mais non a comparto...
Certo é que o que ti dis que existen infinidade de causas que precisan de atención (pobreza, fame, inxustiza social...) e ás que eu, persoalmente, tamén llela presto. Pero iso non me quita de que tamén o faga ademais coa lingua do meu país. Que hai de malo niso? Penso que nada...
Hoxe en día, a situación do galego é crítica: pérdense falantes, sobor de todo nas cidades, porque inda perdura aquelo de "hablar castellano es mejor". Dende as administracións non se están a levar a cabo políticas lingüísticas axeitadas: de que vale que fagas un concurso de poesía en galego (que tamén está ben, non digo o contrario) se non velas porque a xente poida desenrolar o seu traballo en Galiza en galego? (estanse a dar moitos casos de xefes que reprenden ou mesmo despiden a empregados por falar galego). Moitos pais pensan que educar aos seus fillos en castelán abriralles máis portas. Non se cumpren as leis de normalización... E podería seguir extendéndome case que indefinidamente.
Como ti ben dis, adico o meu esforzo á defensa da miña lingua, pero tamén á defensa das melloras sociais, dun maior benestar, da ampliación dos dereitos cidadáns, pola defensa dun desenrolo sostíbel, polo dereito de que as mozas e mozos galegos poidamos traballar en Galiza e non teñamos que emigrar por políticas feitas dende Madrid ou Bruxelas...
E a afirmación do galego como diferenza non é no sentido discriminatorio que ti lle queres dar, senón como un elemento cultural máis. Eu non me considero nin máis nin menos ca un español, un catalán ou un basco, penso que todos somos iguais (coas nosas diferenzas, é como o binomio home-muller)
E co que non estou para nada dacordo é coa afirmación de que hai poucas diferenzas entre os diferentes pobos que conformamos o Estado Español. Que a maioría teñan que ver co mundo da cultura é outro tema...
Non sei se deixo clara a túa prengunta...
Saúdos