Pradolongo
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha laguna glaciar. É propiedade dos pais de Martiño, quen xa comezan a notar os achaques tras toda unha vida de duro sacrificio no campo. Pero pode que ese lugar agache un tesuoro. A comarca progresou grazas á calidade da louxa que se exporta a todo o mundo e Roi -irmán de Martiño- pon todo da súa parte para facilitar as prospeccións en Pradolongo, que poden cambiar a vida da familia.
Ante elo Martiño, de espíritu emprendedor e teimudo, cre que existen outras alternativas.A louxeira interesada é propiedade da familia de Armando, un rapaz acomodado que xunto a Raquel e Martiño conforman un estreito grupo de amigos da infancia. E os tres están a punto de descubrir o que significa facerse maior: as responsabilidades, os desenganos...así que o amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posíbel venda de Pradolongo obrigaraos a que se replanteen os seus sonos e os vínculos que os manteñen unidos dende a infancia.
O trailer
Onde vela?
En Narón: Cinebox, dende o 18 de abril
En A Coruña: Filmax, dende o 11 de abril
En Ourense: Cinebox, dende o 27 de marzo
En Vigo: Cinemas Gran Vía e Cinemas Norte, dende o 4 de abril
En Pontevedra: Cinebox, a partir do 18 de abril
Ten boa pinta a peli.
Por certo, é a primeira vez que entro no teu blogue. Noraboa, está chulo!
:)