"Cabañas" por el derecho a vivir en español
Fico tremendamente abraiado cando leo na prensa que o goberno de "progreso" conformado polo casamento PP+AEC, xunto con IVC, votaron en contra da adhesión ao manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística, Polo dereito a vivirmos en galego.
Non vaiades a pensar que o meu asombro vai porque non se aprobase, iso até certo ponto era esperábel, senón que vai máis na liña de como é posíbel que uns representantes políticos, pechan os ollos ante a situación da nosa lingua.
Paréceme absolutamente vergoñento que os representantes do PP, AEC e IVC non vexan a necesidade de apoiar un manifesto no que se fai referenza á situación actual da lingua e que fai fincapé na necesidade de garantir o dereito recollido na lei de podermos levar unha vida en galego, en Galiza.
Quizais é que estes señores non saiban que é practicamente imposíbel ver unha película nos cinemas en galego, que acendes a televisión e apenas hai canles en galego, o mesmo coa radio. Quizais non saiban que nas universidades galegas non se acada o 20% de ensino en galego, quizais...
Quizais debámoslle a eles que en Cabañas tengamos el derecho de vivir en español
Publicar un comentario