Expandir contido

Parabéns, R

Compre darlle-los parabéns á empresa galega de telecomunicacións por excelencia, R.

O operador galego acaba de sacar ao mercado catro móbiles en galego, segundo o operador "móbiles de última xeración coa posibilidade de predeterminar o galego como idioma principal, satisfacendo así a demanda de moitos usuarios“.

En concreto, o operador galego lanzou tres modelos de Nokia, o 2600 Classic, o 3120 Classic o 5610, e un de Sony Ericsson, o w380i. Todos estes móbiles están dispoñibles xa a través da súa web.

Por outra banda, ademais de ofrecer terminais en galego, R permite aos seus clientes gozar de todas as súas comunicacións nesta lingua. Así, accións tan habituais como consultar as facturas, escoitar o menú da caixa de correo de voz, ver o correo electrónico a través do móbil ou ser atentido en galego son unha posibilidade.

Tamén desenvolveu en galego o seu portal wap, wap.mundo-r.com, no que ademais de navegar neste idioma se poden atopar contidos exclusivos de músicos e deseñadores galegos ou información actualizada de Galiza.

One Response so far.

  1. 1 says:

    R é das únicas empresas que aposta polo uso de galego na vida cotiá.

    O uso do galego nos menus dos seus móbiles falan moi ben do impulso que fai R en Galicia en todolos ámbitos.

    Eu xa teño o meu móbilR en galego ;)


    PD: Parabéns pola túa bitácora