Nova organización do Estudantado Galego
Este sábado celebrarase na cidade de A Coruña a Asemblea Nacional conxunta dos, até o momento CAF-CAEF e CAE. Pero se cadra, esta ten algo de especial, e é que dela sairá a Nova Organización do Estudantado Galego, que unificará dunha vez por todas as organizacións de estudantes do ensino meio e universitario.
Non cabe dúbida de que esa unificación é necesaria. Venme agora á cabeza aquel dito de a unión fai a forza. Se cadra, é posíbel aplicalo neste caso: a unificación de ámbalas dúas asociacións será o comezo dunha nova era de cohesión e coordinación, para ter unha organización que represente ao estudantado de Galiza mantendo a loita por un ensino público, democrático, laico e galego.
Parabens polo teu blog