Galiza-Barcelona en tren = viaxe a Xapón
Lin hoxe en Vieiros un artigo máis sobre o Tren de Alta Velocidade (TAV) en relación con Galiza. A nova, viña a conto dunha publicación saída en El Periódico de Catalunya na que se di que Fomento marca como horizonte o 2020 para que as cidades de A Coruña e Barcelona estén unidas polo TAV.
No artigo do xornal catalán tamén fan referenza á "promesa" de Rodríguez Zapatero (e recibida con satisfacción por Pérez Touriño) de que o TAV unirá Galiza con Madrid no 2012, acontecemento que os expertos auguran para o 2016 dado o ritmo (ou non ritmo, mellor dito) que seguen as obras. E é que dalgunhas partes o percorrido está sendo redactado e doutras só hai o "estudo informativo"...
Dado o acontecido co TAV Galiza-Madrid, e tendo en conta que o trazado norte (que pasaría por Logroño e Burgos e uniría A Coruña con Barcelona) nin sequera está proxectado, parece unha mofa pór límites que non serán cumpridos nin de asombro.
A xeito de comparanza, El Periódico elaborou unha táboa do que se podería facer nas mesmas 16 horas que leva cruzar a península na actualidade, a bordo do "Estrella de Galicia". Podedes botarlle un ollo nesta ligazón.
AVE XA!!! Pero que non quiten os rexionais!!