Expandir contido

Quéresme? Quérote!

Haberá cousa dun par de días, vin a nova de que a rede de centros afectivo-sexuais Quérote ampliábase coa apertura dun novo centro na cidade de Vigo, sumándose aos xa operativos de Santiago, Ourense, Lugo e Burela.

E a sensación que tiven foi moi positiva, positiva porque me gusta que haxa unha rede pública e dependente da Xunta, que se adique a asesorar á mocidade sobre un tema fundamental coma o é o sexo, e que durante moito tempo foi tabú para a administración, quedando relegado a organizacións non lucrativas e centros de planificación (inda que estes últimos dunha maneira menos anónima).

Quérote é símbolo de liberdade, de diversión, de "bo roio". Agardemos que a rede siga ampliándose, pero recuando non só nas cidades, senón tamén en moitas vilas de Galiza, porque a información é vital para todos, por igual, vivan onde vivan


2 Responses so far.

  1. Denébola says:

    Si señor!!

    Que o sexo e todo o que o acompaña deixe de ser un tabú!

    Que pódanse facer preguntas que non só atañan á saúde!

    Que QUÉROTE siga a crecer, e coma ben dis Iago, non só nas grandes cidades galegas, senón en cada un dos recunchos de Galiza, para que todos podamos acceder á mesma información, porque a información é poder decidir, a información é liberdade!