Dinamizando a construcción de vivenda protexida
Déuseme hoxe por ver que había de novo pola QuinTV, o videoblogue de Anxo Quintana, e atopei con este vídeo no que a conselleira de Vivenda, Tareixa Táboas, explica en que consiste o novo Plan Sectorial Galego de Solo Residencial, unha medida tomada por esta Consellaría nacionalista para crear 45.000 vivendas protexidas.
Isto permitirá, por un lado, facilitar o acceso á vivenda ás persoas con rendas máis baixas, e por outro, dar traballo ao sector da construción galego neste tempo de crise inmobiliaria.
Nótase que estás de vacacións... jajajaja ;)
Por certo, cal é o papel de Quintana nesta entrevista? A parte claro de rascarse as orellas... xD