Concertazo de Amaral
Como era de agardar, Eva Amaral e Juan Aguirre non só non defraudaron, senón que encheron o Coliseum de música e fixéronnos pasar a todos os presentes un moi bo momento.
Tivemos a sorte de, que maila chegar co tempo xustiño, nos fixemos cun estupendo posto en segunda fila, dende onde tivemos unha espectacular visión.
Comezaron cunha forte, Kamikaze, o que foi o sinxelo de presentación do seu novo disco, Gato negro - Dragón rojo. E logo continuaron con cancións deste traballo que foron intercalando con varias de Pájaros en la cabeza, que viu a luz no 2005, de Estrella de Mar, o disco que os lanzou definitivamente ao éxito, Una pequeña parte del mundo e Amaral, o seu disco debut, saído en 1998.
Tiveron detalles moi bos co público, como o tema de saír sempre que llo pedimos, o que supuxo dúas horas e cuarto de concerto. Lembraron a vez anterior que deran un concerto no Coliseum, recordando que actuaran con Los Superratones e deron a sorpresa de traer a Juan de Dios, guitarrista de Deluxe.
Déixovos con tres vídeos do concerto:
Inicio concerto: Kamikaze (parte)
Sin ti no soy nada (parte)
No sé que hacer con mi vida (completa)
A verdade que foi un concertazo.
Que ben que subiras os videos á canle de youtube!!
Bicos!!