Onde comer: Mesón Mateo
Como non vou crear outro blogue diferenciado, pois non facer actualizacións neste eido moi a miúdo, entendín que o mellor é empregar todo o que nos ofrecen as etiquetas. Así que cada entrada deste novo espazo levará unha etiqueta asociada co nome "ondecomer".
Agardo que esta nova temática sexa do voso agrado, e anímovos a participar activamente dela.
Mesón Mateo
O noso destino de onte foi Ferrol. Nun principio íamos coa intención de cear na República, mais resultou que debían estar de vacacións, porque estaba pechado. Así que, propuxeron ir a un lugar até o de agora descoñecido para min: Mesón Mateo.
É o típico mesón con poucas mesas e onde se comen as cousas típicas destes sitios, pero teño que dicir que moi ben preparadas.
No seu menú, destaca o raxo, os chipiróns fritidos, o marraxo á prancha, as croquetas caseiras e as tortillas de pataca (soa ou a combinar con chourizo, grelos ou cebola) recén feitas e deliciosas.
As racións resultan bastante abundantes e o prezo ben axustado. Onte éramos cinco, pedimos unha de croquetas, unha de chipiróns fritidos, media tortilla de pataca e chourizo e unha de raxo, a compañados con 3 cocacolas e dúas claras de limón e pagamos menos de sete euros cada un... e fartiños que quedamos!
Está situado na Rúa Nova de Caranza 106 (Ferrol), o teléfono de contacto é 981.324.946 e a páxina web www.mesonmateo.com
Publicar un comentario