Expandir contido

Pekín Express

Estes días estase a falar moito do novo reality que comezará en Cuatro mañá domingo, Pekín Express, que presenta a polifacética presentadora de Ferrol, Paula Vázquez.

Nesta aventura, dez parellas formadas por persoas de diversa índole terán que apañarse con tan só un euro ao día para percorrer os 10.000 quilómetros que separan Moscú de Pekín, o que suporá, sen lugar a dúbidas, toda unha aventura para os participantes.

Sen embargo, o formato non é novo. En 2001, a canle americana CBS puxo en marcha o programa The amazing race (en Galiza pódese ver a través de SETenVEO, canle integrada dentro da TDT, baixo o título de El gran reto). A idea orixinal, baséase nunha carreira polo mundo adiante superando diversas probas que van eliminando aos últimos concursantes que chegan aos "pontos de verificación".

Pekín Express introduce este formato no Estado, adaptado a unha dificultade se cadra maior: os concursantes só disporán dun euro ao día, polo que parece que as condicións de vida serán duras, moi duras.

Veremos como vai a cousa... saberémolo mañá domingo a partir das 22.00h


4 Responses so far.

  1. Luisinho says:

    Eu tamén ando bastante expectante... son bastante seguidor de "The Amazing Race". De feito sería ao único reality ao que me presentaría... e con gusto. Por certo, hai temporadas enteiras subidas en YouTube, en inglés, of course.
    Un saúdo!

  2. Gata says:

    Ten pinta de estar ben.

    Eu o de El gran reto o vin un par de veces

  3. Anónimo says:

    Hoxe da comezo... que ansia de ver... xD

  4. Luisinho says:

    Despois da Preview, agardo artigo de review! A min gustoume.