Pekín Express I: Madrid-Moscú
A Praza de Oriente de Madrid serviu de ponto de encontro de todos os concursantes. Aló foron chegando as parellas formadas por Begoña e Noel (nai e fillo que agardan pasar tempo xuntos), María e Fernando (unha parella que está en crise e quere ver se as situacións límite os unen ou separan), Juanan e Antonio (amigos e, pola noite, draq queens), Ainhoa e Idoia (dúas irmás xemelgas), Marta e Javier (el estudante de políticas, de familia "ben" e ela a súa asistenta), Carlos e Mario (amigos e persoas acostumadas ao luxo), José e Oier (profesor de relixión e exalumno), Carolina e María del Mar (amigas e gogós), Encarna e Víctor (matrimonio que "nunca saíu da casa") e unha parella sorpresa: dúas persoas que non tiñan parella a priori, Josemi e Carmen, que se coñecen xusto antes de que comece o programa.
Unha vez que todos están na madrileña Praza de Oriente, Paula Vázquez dilles a rota que van a a seguir así como a norma básica: un euro ao día por persoa. Durmir e viaxar, pola súa conta. Déixalles tres minutos de reflexión, por se algún decide abandonar, mais como era de agardar, todos continúan.
Comeza Pekín Express
Na propia Praza de Oriente, collen un autobús que os leva até o aeroporto, e aló un voo até Pskv, cidade de saída desta aventura. Unha vez chegados aló, a cada concursante déuselle unha mochila, un busca, fichas de idioma con frases típicas e un mapa da etapa. E menos mal! Porque de todas as parellas, tan só José e Oier, o exprofesor e alumno, levaba mochila axeitada para esa viaxe, o resto ían con maletas de roda... sen falar das gogós, Carolina e María del Mar, que en Madrid viaxaban sobre tacóns.
Paula Vázquez, convertida en presentadora e directora de carreira, coméntalles cal vai ser a primeira etapa: será un percorrido de 1000 quilómetros para o que teñn 3 días, e que os levará até Moscú, pasando por San Petersburgo. Ademais, empraza aos concursantes a estar ao día seguinte ás 12.0 na Praza do Hermitage de San Peterburgo, para poder participar no xogo de inmunidade, un xogo co que gañan o poder continuar no programa en caso de chegar de últimos á meta da etapa (neste caso, Moscú).
Tras dar a saída, os concursantes lánzanse á estrada para conseguir un coche que os leve en dirección San Petersburgo... e aquí comezan as distintas estratexias.
Por un lado, José e Oier (profesor e exalumno) deciden ir mercar de xantar, antes de nada, para "non ter problemas despois", mentres que todos os demáis están na procura dun coche. E hai quen ten máis sorte ca outros, por exemplo as gogós, que nun "decir xesús" xa teñen quen as leve (e aquí o gran mito faise realidade, "tiran máis dúas tetas ca dúas carretas"). Nembargantes, para os amigos draqs a cousa é máis complicada, por non falar de Encarna e Víctor, o matrimonio que nunca viaxou...
Ao final, todos foron quen de atopar alguén que os levara, algúns montaron con personaxes peculiares, como a parella en crise, cuxos taxistas fixeron unha parada técnica para tomar uns vasiños de vodka...
Ás 19.00h chega a sorpresa do programa: suspéndese a carreira. Que supón isto? Que non se pode continuar, é dicir, teñen que parar e buscar aloxamento. E claro... esta obriga pódeche deixar en calquer lado... e senón que llo digan a Begoña e Noel, que quedaron na estrada, no medio de nada, sen ningunha casa, ningún sitio onde cobixarse... ao final tiveron que tirar de saco de durmir e arrolarse nun camiño nada transitado... iso sí, para min, que moi espabilados tampouco foron, porque ao lado do camiño había un río cheo de lixo, que atraía os bechos... Outros dos concursantes tiveron máis sorte, caso das gogós, que atoparon coa humildade dunha familia pobre, que tiñan 10 fillos pero que os acolleron igualmente.
Ao día seguinte, ás 07.00 horas comezou de novo a carreira cara San Petersburgo, onde só chegaron antes das 12.00 sete das dez parellas para poder xogarse a inmunidade. Neste caso, o xogo era construír un puzzle, arrastrando pezas, obter unha pista ao rematalo, percorrer unhas rúas a por unhas tarxetas cos nomes dos concursantes e voltar para o ponto de partida.
E aquí ganou a parella formada por nai e fillo, Begoña e Noel, que fixeron unha pequena trampa, xa que nos momentos en que "Paula non vía", Noel cargou coa mochila da nai. Pero non tiveron penalización, porque a regra das mochilas era un pouco ambigua: só recollía a necesidade de "chegar cada un coa súa mochila".
Ao rematar o xogo, dáselles a saída de novo, desta vez cara Moscú. Noel protagoniza aquí un dos episodios ao meu entender máis feos. Levaban sen comer nada dende o día anterior á mañá, durmiran na rúa... e estaba famento... atopáronse cun carriño de venda de perritos quentes e, como non conseguiu que a tipa lle dese un pola cara, roubou unha salchicha.
De novo, teñen que facer autostop, e de novo, as gogós son das primeiras en coller praza (por que será?). Quen o ten máis difícil é o matrimonio "que nunca viaxara", o que nela fai aparecer os primeiros síntomas de desesperación... inda que para desesperación o da parella formada por Josemi e Carmen, os que se coñeceron ao inicio do programa, que a falta de acordo entre eles levounos a unha discusión en ton bastante elevado, o que supuxo que perdesen moitísimo tempo mentres decidían se continuaban ou non na aventura...
Á hora de buscar de durmir, pasou de todo:
Ainhoa e Idoia atoparon cun señor moi amábel, que lles ofreceu durmir na súa casa... deulle sopa quente e cando ían a unha habitación a durmir... apareceu unha muller que as botou da casa berrando co marido (amigas? eu non quero este tipo de amigas na casa!!)
Carlos e Mario, os amigos ricos, non atoparon sitio e tiveron que durmir baixo o porche dun bar, ao carón da estrada... o malo é que chovía e que había ruído do tráfico...
Begoña e Noel atoparon sitio na casa dun rapaz que os acolleu... e de novo Noel protagonizou unha excena noxenta: roubar comida, cando lla ían ofrecer... aprobeitándose da hospitalidade da xente...
Juanan e Antonio, os amigos draqs atoparon unhas velliñas que os deixaron durmir cando constaron que "a eles non lles gustaban as mulleres"... e menuda festa coas vellas! Bailaron con eles e incluso unha puxo unha perruca coa que os rapaces se visten (xa chegou a bruxa!)
María e Fernando, pola súa banda, pediron aloxamento a unha señora, que llo negou rotundamente, polo que se foron acomodar a unha marquesiña... pero a señora, cando viu a escea, debeu ter remordimentos, porque foi buscalos (que facedes aí? vide para a casa!) e deulles cobixo.
Ao día seguinte, todos parten cara Moscú, onde ten fin a primeira das etapas de Pekín Express, na mítica Praza Roxa... e aló van chegando... os últimos serán expulsados... adiviñades quenes chegaron de últimos? Pois Josemi e Carmen, os que se acababan de coñecer... en parte, ben, porque non sei como rematarían...
E aquí, unha nova sorpresa do programa: as tarxetas "inmunidade". Son unhas tarxetas que Paula Vázquez garda nun sobre e que se son vermellas, os expulsados teñen que marchar e se son verdes, poden quedar... neste caso foi vermella...
As miñas impresións
E falando un pouco das miñas impresións, dicir que a expulsión dos derradeiros desta etapa, Josemi e Carmen, pareceume ben, posto que a incompresión entre eles (entendíbel, dende o ponto de vista que tiñan personalidades totalmente diferentes) daría é a continuos enfrontamentos ao longo do programa.
Por outra parte, a actitude de Begoña e Noel, nai e fillo, sobre todo do fillo, polo feito de aprobeitarse da hospitalidade da xente, pareceume mala. Mais hai que recoñecer, que previa reprimenda de Paula Vázqueza ao final da etapa, pediu disculpas, algo que celebro.
Que dicir dos draqs, Antonio e Juanan...Inda que non o fixeron moi ben, penso que darán xogo ao programa... en vista de que dúas tetas tiran máis ca dúas carretas... empregarán a súa condición de draq queens para conseguir transporte?
Encarna e Víctor... o matrimonio que nunca saíu da casa... esta vez quedaron novenos, pero non sei se non serán os vindeiros expulsados... e non porque non poidan, senón pola desesperación, sobre todo dela, que sinte que "nunca saíu da casa", "que non sabe idiomas"....
Carlos e Mario, os amigos acostumados ao luxo foron para min unha sorpresa. Foron os gañadores desta primeira etapa e estou seguro que andarán sempre polos primeiros postos...
José e Oier, profesor e exalumno, poderían xogar un papel importante, pola aplicación da lóxica... penso que pensan as cousas detidamente antes de lanzarse a facer nada... inda qu onte foron protagonistas secundarios, penso que nunca chamarán a atención pero que chegarán lonxe...
María e Fernando... a parella en crise... destes non sei que dicir... non sei moi ben como lles irá...
Marta e Javier, empregada e xefe, aportan algo ao programa. E penso que a boa relación que teñen pódeos levar lonxe.
As gogós, Carolina e María del Mar terán sorte de empregar as súas potencialidades para conseguir as cousas... ademais aportan ledicia ao programa, serán interesantes para o transcurso das cousas...
E, finalmente, as irmás Ainhoa e Idoia, coido que non chegarán moi lonxe... non sei por que, pero dame esa sensación.
Vídeos de presentación
E colorín colorado...
E nada máis, até aquí a miña primeira impresión da primeira etapa de Pekín Express. Agardo non tervos aburrido...
E se vos aburrín, botádelle a culpa a Luís Puente, que foi o que me deu a idea :p
A miña primeira impresión, cando comezaron as presentacións na Praza de Oriente de Madrid, pareceume que os mellor preparados eran o profesor de relixión e o exalumno, máis q nada xq eran os únicos q fixeran algo de senderismo (aínda q só fora unha vez ao ano polo Camiño de Santiago) e xq eran os únicos acondicionados con mochila e botas... e os que peor, pola incompatibilidade os recén presentados, se é que xa se viu nas presentacións individuais... posíbelmente o programa xa o fixo a posta.
Unha vez visto que a todos lles deron provisións (a mochila, e eu penso que os sacos e os chuvasqueiros tamén debeu de ser idea do programa, xq as xemelgas e os amigos acostumados á boa vida levaban os mesmos...), e as reaccións de cada un deles cando souberon q só dispoñían dun euro, sorprendéronme moi gratamente Carlos e Mario, deume a sensación que tiveron q loitar para lograr a súa vida actual, e que non lles importará loitar neste reto.
Por non aburrir, para min hai catro parellas que chegarán ao final: os dous señores maiores (pola experiencia), as dúas gogós (pola simpatía e polas tetas), o estudante de Políticas e a súa ama de casa (polo coñecemento de inglés e a capacidade de adaptación) e o profesor co exalumno (por razoar tódolos actos).
Os drags fanme moita graza, teñen moito salero, a ver se teñen máis sorte na próxima ruta... quizais os incorpore a este grupo de catro. Pero de momento os vexo mal encamiñados...
E as xemelgas, aínda que chegaron segundas a Moscú, penso que discuten demasiado e iso é malo para conseguir retos rápido. Posiblemente influenciadas por isto, cometeron o erro polo que foron descalificadas no xogo da inmunidade.
Da nai co fillo, reiterar as palabras de Iago, porque observando a hospitalidade da que son capaces os rusos, pareceume fatal que roubara unhas onzas de chocolate e unhas galletas, e que tivera o morro de dicir q non lle gustaba... en fin, polo menos disculpouse. Moi ben por Paula Vázquez e o programa, en tomar a decisión de recriminalo anónimamente.
Próximo domingo... segunda etapa. Gústoume!!
Grazas polo comentario, Dene
Ala, ala, acusando ao persoal... XDD.
Nota previa: refírome a The Amazing Race = O gran reto como "TAR".
Concordo en case todo...
Para min Jose e Oier son claros favoritos, con Fernando e María, Carlos e Mario, e Marta e Javier como principais rivais.
Coido que o formato, no que as probas non fan perder tempo, fai que a forma física non sexa excluínte, salvo para botar a típica carreira cara a meta, polo que o posíbel hándicap de Jose cae, e o feito de que ambos sexan persoas con cabeza e apliquen a lóxica axuda. (Jose aplicouna ata ao escoller parella: preferiu escoller unha persoa coa que non ten demasiado trato, pero que sabe que lle vai beneficiar, que alguén con quen se levara mellor).
Begoña e Noel parécenme desprezables ambos, e creo que xa temos parella que cae mal desta edición.
En Fernando e María vexo unha parella descompensada (só hai que ver as actitudes, a del hiperoptimista, a dela hiperpesimista).
Os drags e as gogós penso que poderían ter máis problemas ao chegar a áreas máis conservadoras, aínda que o seu don de xentes sexa un plus.
As xemelgas... desconcertanme. Parecen fortes, pero pasan o día discutindo.
Carlos e Mario son a sorpresa, como aquela parella gay do 1º TAR, e creo que chegaran lonxe. Porén, non os vexo como gañadores.
Encarna e Victor son os que parten peor. Non coñecen idiomas, non teñen experiencia viaxando... pero teñen outros puntos fortes... ninguén sabe tanto do campo coma eles (poderían conseguir casa a cambio de traballarlles na horta aos rusos?)
E Josemi e Carmen... dous concursantes que individualmente serían magníficos, pero que xuntos son un desastre. Isto amosa a importancia da convivencia neste tipo de concursos.
Chama a atención a falta da parella de tipos cadrados, típica dos TAR, e que gañaron varias edicións (a primeira, segunda...) ademáis de darlle vida ao lado máis reality do concurso ao poderse liar con algunha doutro equipo...
Con respecto ás estratexias, penso que as gogós xa ensinaron a súa. Tirar de físico e seducción até onde cheguen. Volvo aquí ao que falei de Encarna e Victor. Creo que chegará un momento no que terán que ofrecer traballo físico a cambio de comida e durmida, xa que, atendendo á realidade rusa, canto máis ao leste, máis labradores atoparán, e penso que sería un plus ofrecer traballo (ademáis, teñen 12 horas de 7 a 7). Creo que só os máis espabilados terán isto en conta.
No formato é onde máis fallos lle vexo. Eu sacaría a proba de inmunidade e poría os reténs e desvíos típicos de TAR, pero bueno, supoño que se o fixeran terían que pagar dereitos de formato á CBS.
E o que menos me gusta é o sistema de eliminación. Lento, sen emoción, e co rollo das tarxetas que copia as etapas non eliminatorias de TAR pero cun sistema máis aburrido.
E nada, xa se ve que o seguimos. Grande momento o dos drags coas vellas, que agora veremos en castings varíados.
Un saúdo!
Grazas tamén a ti, Luís.
Pois sí, o tema das tarxetas eliminatorias é falto de toda emoción, porque tampouco teñen onde escoller... é dicir, non son os concursantes os que escollen para ben ou para mal unha tarxeta, senón que é o programa...
E o tema dos desvíos... daríalle un plus de emoción, mais o que atopo mellorado respeito a TAR é o tema da supervivencia extrema :D
Desexando que chegue o vindeiro domingo...
O tema da supervivencia a verdade que sí que está ben, dalle outro punto de vista totalmente diferente... pero non sei, onte o final fíxoseme tan falto de emoción...
Por certo, o comentario anterior case daba para un post enteiro... e veña, outra idea:
o próximo domingo blogue en vivo e en directo! Por pedir...
Intentarase, non che digo que non... editando a entrada nos descansos... non che garanto nada eh! ;)
Coido que quedaches enganchado ao programa, pero moito eh! jeje, bueno, espertáchesme a curiosidades, o próximo día que o boten vouno mirar, e logo xa te comentarei!
saúdos!
A min gustoume moito o programa. Tamén vío o de SET e xa me gustaba... a ver como vai indo e non perde entusiasmo
Grazas polos últimos comentarios ;)
E Alberte, efectivamente, estou enganchado :D
Bo resumo, bo programa ;)