Expandir contido

E hoxe á tarde... vacacións

Miña nai! Non sei canto tempo levo agardando este momento! Pero ao fin, hoxe á tarde, chegará...

Remátanse os exames! Esta longa noite de pedra de setembro, que cicais este ano se me fixera máis longa, xa que levo case 20 días sen saír de Vigo, rematará en canto saia do exame que terei esta tarde, e colla rumbo de cara a A Coruña.

Mañá, se o tempo segue estando bo, irei navegar polas rías de Sada e Ares a bordo do Ondas de prata, que necesidade dese tempo de lecer!


2 Responses so far.

  1. Como xa te dixen por Lareta, pasao ben e desfruta do merecido descanso.

    Unha aperta, CAMARADA ;)

  2. Anónimo says:

    desfruta das vacacións mariñeiro!, aínda q sexan poucos días :S

    e sorte coas notas!!

    unha aperta!