E Galiza decide!
Lembro hai uns días cando Touriño dicía que os Presupostos, só co que Madrid ofrecía nun principio, eran caralludos, magníficos e inmellorábeis. Para o BNG non foi suficiente, polo que condicinou o seu apoio aos Presupostos Xerais do Estado a unha mellora substancial dos mesmos, así como a outros acordos paralelos.
De boas a primeiras, o acordo asume o compromiso de aumentar o orzamento territorializado en Galiza cando menos 125 millóns de euros, que supoñen o maior investimento na nosa Nación. Eses cartos irán destinados maiormente a infraestructuras, concretamente ao Eixo Atlántico ferroviario, incluíndo os tramos Ferrol-A Coruña e a saída sur de Vigo; pero non só iso, tamén a políticas sociais, como a implantación da educación infantil de 0-3 anos.
Por outra banda, establécese no acordo adoptado co PSOE a creación dunha subcomisión conformada por representantes da Xunta de Galiza e do Goberno do Estado encarregada de avaliar o grao de execución das infraestructuras.
O terceiro piar deste acordo establece o compromiso do Estado de transferir os recursos precisos para a dependencia, cun compromiso de que o despregamento da Lei de Dependencia ten que basearse nun financiamento plurianual que garanta a suficiencia de recurso, así como no respeito ás competencias autonómicas e a realidade e necesidades de cada territorio
E xa por último, o acordo establece a execución do traspaso das competencias pendentes, pondo como data límite para a súa execución o 15 de decembro. Concretamente, estas transferencias son as seguintes: titularidade de arquivos, bibliotecas e museos en mans do Estado; xestión de bolsas e axudas ao estudo; determinados bens da Seguridade Social; titularidade do castelo de Monterrei e das torres da Porqueira e Sandiás; a inspección de traballo e o saldo da débeda de superficie do Estado con Galiza.
Con todo, para o BNG esta negociación inda non rematou, e mantense o compromiso de seguir pulando pola delegación a Galiza das competencias de en materia de tráfico e seguranza vial, como acordou o Parlamento Galego por unanimidade de BNG, PSOE e PP.
Galiza decide grazas ao BNG, ou non?
Publicar un comentario